BURELA (FNC).- O Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea ven de alcanzar un acordo sobre o regulamento de control da pesca presentado pola Comisión para mellorar a cooperación entre os países membros en tarefas de vixiancia marítima e para dar maior relevancia á UE nos asuntos marítimos mundiais. O concelleiro de Comercio, Turismo e Industria informa hoxe de dito acordo pola importancia que pode ter para o sector en Burela.
José González Legazpi, sinala que “esta nova regulamentación ten como obxectivo o establecemento dun réxime comunitario de control que garanta o cumprimento das normas de política pesqueira común, representando ademais en relación coa normativa española a substitución dun regulamento que ten xa quince anos, así como a unificación da normativa actual que se atopa dispersa en diferentes regulamentos e disposicións”.
O edil nacionalista explica que “entre ás novidades que inclúe, atópase a supresión da autorización ao desembarque para os buques de máis de 24 metros e a simplificación das marxes de tolerancia, incluíndose un porcentaxe único. Igualmente establece que a certificación de potencia motriz sexa de aplicación só para os barcos que inclúen novas motorizacións”.
González Legazpi engade que “esta normativa implica a implantación dun sistema de carné por puntos para sancionar aos pescadores oficiais e armadores que incumpran as leis, contémplase no seu artigo 84 e reflicte a posibilidade de retirada da licencia. Establecéndose neste senso que as obligacións recollidas no referido artigo se apliquen seis meses despois da entrada en vigor do Regulamento de Desenrolo da Comisión que no citado artigo se prevé”.
A súa entrada en vigor “será diferente en función dos artigos que conleven unha modificación da lexislación actual o que require un desenrolo regulamentario. Sendo esta consideración unha previsible posibilidade para o sector e os seus representantes de valorizar as condicións de interese no transcurso destes procedementos”.




















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



