14 de abril de 2016.- Nesta terceria semana a maxia chegará ata a capital da antiga provincia do norte, a Mondoñedo. A maxia percorrerá a cidade medieval confluíndo a maxia da ilusión coa maxia da cidade de Cunqueiro, onde Merlín pasou para quedar co seu MERLÍN.
Debido a encontros de axendas o acto desta fin de semana muda de día, e xa non será o sábado, senón que será o DOMINGO 17, ás 18:00H na CASA DA XUVENTUDE DE MONDOÑEDO.
Entendemos que o cambio é de última hora, e pedimos desculpas, mais é importante non pisarse entre actos para que todos sexan visibles. Por iso o cambio de día e hora, pero sempre coa mellor intención, a de facilitarlle ao público a achega de diversas actividades.
Neste caso, este DOMINGO 17, ás 18:00h na CASA DA XUVENTUDE poderán desfrutar as veciñas e veciños de Mondoñedo e arredores, dunha gala espectacular, unha gala onde poderán ver un show moi dinámico e divertido para todos os públicos, unha gala familiar que presenta AMAM para esta terceira semana do MES DA MAXIA onde o Concello de Mondoñedo pon a disposición da Ilulión e da maxia as súas instalacións. Os magos que se poderán ver son: Mago Joge, Kiko, Pi e Senín e Paredes, que dende toda a mariña, presentarán as súas mellores ilusións nunha das galas máis importantes deste MES DA MAXIA. A entrada será de 2 euros para entrar nun sorteo dunha caixa máxica, para aprender e seguir coa ilusión nas vosas casas e así nos vindeiros anos, poder achegar a vosa maxia ao MES DA MAXIA DE AMAM.