O grupo municipal socialista de Foz celebrou una reunión de portas abertas na sede do PSOE cun éxito de participación.
Os socialistas elixiron este formato de reunión aberta a todos os veciños e veciñas do concello como fórmula de diálogo de proximidade entre cidadáns e políticos.
A portavoz do grupo municipal realizou una breve intervención dando a coñecer a postura do PSOE nos principais temas tratados na corporación municipal nestes meses e posteriormente os asistentes tomaron a palabra, para formular preguntas, rogos, reflexións ou dubidas.
Foron moi variados os temas que se trataron, especialmente preocupante é a anunciada subida da auga e do recibo do IBI, así como o estado do noso pobo en limpeza e conservación de pistas camiños e estradas.
O PSOE e o seu Grupo Municipal agradecen e valoran moi positivamente a participación dos veciños e veciñas nesta reunión e se comprometen a realizar este tipo de xuntanzas en próximas ocasións para por un lado render contas á cidadanía do traballo que realizan como concelleiros e por outro coñecer de primeira man cales son as necesidades e problemas dos veciños de Foz, escoitando a todo aquel que teña algo que dicir, propoñer ou suxerir ao Partido Socialista.