A última vez que estivéramos nela fora en maio de 2004, pouco antes de finar Manuel María. Acudíramos a Outeiro de Rei para acompañar ó poeta na presentación do libro “Elexías á miña vida pequeniña”. Cando no ano 50 do pasado século o escribíu, enviou o orixinal a Cunqueiro pedindo ó mesmo un xuizo crítico da obra; o mindoniense nunca respostou, o traballo extraviouse e o autor tiña mágoa porque, en contra do que nel era habitual,non deixara copia. Medio século despois, por un casual, entre vellos papeis, apareceo o orixinal e foi editado.
A doenza do poeta ía moi avanzada; vencendo os atrancos desprazouse dende A Coruña ata a súa amada carballeira de Santa Isabel, en Outeiro de Rei e alí, a carón do monolito que había uns anos se erixira na súa honra, recibiu a homenaxe íntima de pouco mais dunha ducia de amigos cos que vivíu a ledicia da obra recuperada; logo imos á casa e o cronista, por derradeira vez, se sentou na cadeira da cociña central.
Pasados anos voltamos á noble casona, xa feita museo, na que se realizou unha fermosa obra conservando a personalidade e o engado da vella casa labrega, fondamente enraiñizada no lugar, rodeada da horta e árbores que o Poeta da Terra Chá amaba profundamente e que cantou ó longo da vida: o cedro xigante e poderoso; a claudeira; a cerdeira e a mazaira; a grande e frondosa nogueira; o loureiro “feito de luz e vento namorado”; a pereira vella… e a palleira, convertida en acolledor auditorio. Fiel ó espíritu,a casa mantén vivo o recordo do poeta: habitación e a cama en que naceo; o coarto do reloxio de parede co despacho e a vetusta máquina na que mecanografiou centos de poemas; as coleccións de navalliñas, de estilográficas e de reloxios; cadros no seu día agasallo de grandes artistas da terra; os poemas a Saleta e a cada rincón da casa; os 14 mil volumes da biblioteca: en lugar preferente “Versos florecidos en louvanza de Foz” e diversas referencias gráficas e literarias da súa relación coa vila. A visita resultounos moi emotiva.
“A casa e o seu entorno amurallado/erguido con paciencia e sentidiño/eran un mundo antergo e pequeniño/e un feliz universo desexado…” (de Sonetos á casa de Hortas).



















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



