Xove, 26 de abril de 2016.- O 28 deste mes, de 12:00 a 13:30 horas no Pavillón de Deportes de Xove, conmemorarase o Día Internacional da Danza cun amplo programa, no que haberá as seguintes actuacións:
-Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo.
-Asociación Cultural Saiñas de Xove.
-Grupo cadete da Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Xove.
-Escola de baile deportivo Gold Dance.
Ademáis do IES Illa de Sarón e do IES Marqués de Sargadelos, contarase coa asistencia do alumnado do CEIP Pedro Caselles Rollán de Xove e dos CEIP de Cervo e San Cibrao.
O desenvolvemento desta actividade é posible gracias á colaboración das concellerías de educación dos Concellos de Xove e Cervo e do Concello de Ribadeo, neste caso coa participación de varios grupos de música e danza da súa Escola Municipal.
Dende os centros organizadores, os IES Illa de Sarón e Marqués de Sargadelos consideran que as actividades extraescolares e complementarias son moi importantes para a formación do alumnado e levan anos colaborando na programación conxunta de todo tipo de actuacións teatrais, musicais e actividades de divulgación científica.
PROGRAMA
(Orde de actuacións)
-Bailes de Salón
Bailan: Escola de baile deportivo Gold Dance
-VALS. “Power’s waltz”, Harry Potter BSO.
Bailan: DANZA CLÁSICA 2 (Escola Municipal de Música e Danza, Ribadeo)
-SWANILDA. “Variación act I Coppelia Ballet” Leo Delibes.
Bailan: DANZA CLÁSICA 3 (EMMeD Ribadeo)
-Asociación Cultural Saiñas de Xove
-ALEJANDRO. “Alejandro”, Lady Gaga.
Bailan: DANZA MODERNA 2 (EMMeD Ribadeo)
-LA MÁQUINA DE ESCRIBIR. “The typewriter”, Leroy Anderson.
Bailan: DANZA CLÁSICA 4 (EMMeD Ribadeo)
-Bailes de Salón
Bailan: Escola de baile deportivo Gold Dance
-CIRCUS. “Womanizer” Britney Spears.
Bailan: DANZA MODERNA 3 (EMMeD Ribadeo)
-VALS DE LAS GUIRNALDAS. “Bella durmiente ballet”, P. Tchaikovsky.
Bailan: DANZA CLÁSICA 2 (EMMeD Ribadeo)
-Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Xove
-CUATRO PEQUEÑOS CISNES. “El lago de los cisnes ballet”, P. Tchaikovsky.
Bailan: DANZA CLÁSICA 4 (EMMeD Ribadeo)
-Asociación Cultural Saiñas de Xove
-HIJO DE LA LUNA
I- TERNURA. “Nana de los luceros”, David Peña Dorantes.
II- DOLOR. “Orobroy”, David Peña Dorantes.
III- ESPERANZA. “Hijo de la Luna”, Editus.
Bailan: DANZA MODERNA 4 (EMMeD Ribadeo)
-Bailes de Salón.
Bailan: Escola de baile deportivo Gold Dance
-RECICLARTE. “A latin confection”, Murray Houllif.
Bailan: GRUPO DANZA (EMMeD Ribadeo)
Percusión: GRUPO PERCUSIÓN EMMeD de Ribadeo






















Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



