Burela, 28 de abril de 2016.- O CD Burela FS Pescados Rubén despedirá a súa mellor tempada da historia este venres en Vista Alegre ante a Marea Laranxa pelexando por un novo soño, a clasificación para play off. Medirase ao UMA Antequera (21.00 h., horario unificado), que chega á Mariña no fondo da táboa, buscando tres puntos que lle poidan dar a salvación.
O destino, moitas veces caprichoso, volve poñer os de Daniel Ibañes fronte a unha proeza, como xa ocorreu co billete da Copa de España Guadalajara 2016 no último suspiro; os laranxas (37 puntos) deberán vencer e esperar que o seu rival directo na pugna pola oitava praza, Peñíscola (40 puntos), sucumba na casa do Magna Gurpea, sexto.
“Temos moitas ganas de que chegue o partido de mañá, faremos todo o necesario para cumprir co que está na nosa man e despois tocaranos esperar. O camiño a seguir é a imaxe que vimos de dar en Barcelona, competindo, correndo e metendo a perna. Pelexaremos por todo e se se ten que rematar a liga queremos despedirnos o mellor posible da afección” reflectía así un dos pesos pesados do Pescados Rubén, Chano, a ilusión e motivación do equipo ante unha nova cita coa historia.
Segundo o 11 mariñán, a clave para levar o partido está na temperanza. “Debemos estar tranquilos, debemos fuxir de querer gañar o partido desde o primeiro minuto e tratar de que a ansiedade non se apropie de nós; o rival tamén se xoga moito. O equipo que mellor se conteña terá moito ganado” advertía Chano facendo o último chamamento da liga regular á bancada laranxa: “Mañá necesitamos a afección máis ca nunca; vai ser clave. Estámonos xogando o play off na casa e o rival débeo ter moi claro desde que salte á pista. Conseguilo sería moi bonito, sería un premio para a afección, para a vila e para todos nós” concluía o andaluz
Nas filas mariñás, volverán ser ausencia Matamoros, por lesión, e Hélder, que cumprirá o seu cuarto e último partido de sanción.
Convocatoria Burela FS Pescados Rubén: 1. Edu, 5. Iago Míguez, 7. Isi, 9. Iago Rodríguez, 11. Chano, 12. Bruno, 13. Álex, 17. Carlitos, 18. Jorge, 20. Chino, 23. Antoñito, 27. Renato
Duelo no cumio de Primeira RFEF
A Familia Laranxa completará un fin de semana de soño o sábado, co duelo no cumio de Primeira RFEF. Desde a segunda praza, as burelistas, con dous puntos de desvantaxe sobre o Atlético de Madrid Navalcarnero (70 puntos), visitará a pista do líder (La Estación, 17.30 horas).






















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
