Cervo/Viveiro, 28 de abril de 2016.- A portavoz nacional o BNG, Ana Pontón, mantivo un encontro co comité de empresa de Alcoa ubicada na localidade de San Cibrao en Cervo, onde trasladou a proposta nacionalista de ter unha tarifa eléctrica galega que suporía un aforro do 30% nos custes da factura da electricidade nunha factoría que ten unha elevada dependencia enerxética.
O Bloque “defende que as empresas e as familias do país se beneficien do feito de que Galiza é un país produtor e exportador neto de enerxía, polo que paga un elevado prezo en termos ambientais e territoriais, sen obter nada a cambio, ao contrario, os galegos e as galegas tamén pagan os custes do transporte da enerxía ao resto do Estado”, denunciou a dirixente nacionalista.
Neste sentido, Pontón indicou que Euskadi xa aplica unha tarifa diferenciada para as grandes empresas consumidoras de enerxía. “É unha cuestión de vontade política e de defensa dos intereses do país, algo que lle queda moi grande a Feijóo que leva sete anos gobernando de costas a Galiza e submiso as ordes de Génova e dos lobbies financeiros de Madrid”, criticou, tras asegurar que o BNG “vai seguir dando a batalla” para acadar unha tarifa eléctrica galega.
Na súa visita á Mariña, a dirixente do Bloque mantivo un encontro coas traballadoras da Conserveira Alonso do concello do Viveiro ameazada de peche, con 41 postos de traballo. Pontón avanzou que vai levar o asunto ao Parlamento para demandar do goberno da Xunta unha maior implicación para garantir a continuidade da fábrica.
“Imos levar a Cámara iniciativas para defender que non se deslocalice a produción dunha fábrica que esta localizada en Viveiro desde fai case un século, que se evite a destrución de emprego e trasladarlles a certeza de que o Bloque vai estar sempre do lado das traballadoras”, explicou Pontón, quen tamén avanzou que presentará unha declaración de apoio institucional do Parlamento a continuidade da conserveira en Celeiro.






















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



