Cervo (Lugo), 2 de maio de 2016.- A Xunta pon a disposición das empresas do sector primario arredor de 38.000 metros cadrados na comarca da Mariña a cambio de alugueiros simbólicos. Así llo trasladaron este luns as conselleiras de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e de Mar, Rosa Quintana, aos representantes da Federación de Confrarías, dos armadores, empresarios e produtores pesqueiros, cos que se reuniron para abordar as medidas e incentivos da Xunta para facilitar o acceso ao solo industrial e favorecer a instalación de empresas na comunidade, especialmente neste sector. Na xuntanza tamén estivo presente a delegada territorial de Lugo, Raquel Arias.
Ethel Vázquez salienta que os empresarios do sector nesta comarca lucense poderán acceder a solo industrial con prezos simbólicos de alugueiro que van desde os 60 céntimos, nalgunha parcela do parque empresarial de Cervo, ata os 1,20 cent./m²/ano, no caso do parque empresarial de Viveiro.
Vázquez lembrou que no mes de febreiro, pensando na importancia estratéxica que ten o sector primario na comunidade, decidiuse flexibilizar estas condicións para as empresas vinculadas á agricultura, á gandería ou ao sector do mar. Deste xeito, para os emprendedores que queiran desenvolver un proxecto empresarial en Galicia ligado ao sector primario puxéronse á súa disposición máis de 252.000 m² de solo en dereito de superficie, en 27 parques empresariais da comunidade, pagando un canon anual de entre 32 céntimos e 1,31 céntimos metro cadrado.
A titular de Infraestruturas indicou que case a terceira parte do solo empresarial reservado para o sector primario en dereito de superficie se atopa na provincia de Lugo.
O obxectivo desta fórmula do dereito de superficie é facilitar a posta en marcha de novos proxectos ou a ampliación dos existentes, diminuíndo os riscos de investimento das empresas, que pagarán menos polo solo nos primeiros anos –o primeiro ano de carencia, se así o solicitan-, precisamente cando deben afrontar maiores gastos.
Neste encontro con asociacións e empresas vinculadas ao sector do mar a Xunta trasladoulle todas estas medidas para darlles maiores facilidades para que poidan desenvolver as súas ideas de negocio e seguir xerando riqueza e emprego na comunidade.
O Executivo autonómico está a centrar a política de solo empresarial en poñer á disposición dos emprendedores o espazo necesario para que poidan instalar ou expandir os seus proxectos industriais, ofrecéndollo nas condicións máis vantaxosas posibles. A isto responden as bonificacións no prezo do solo empresarial, dun 50% no caso da provincia de Lugo.
Estas medidas permitiron que na comarca da Mariña xa se vendesen 64.000 m² de solo a prezos bonificados, concretamente no parque empresarial de Cervo, vendéronse 4 parcelas e máis de 28.000 m², 24.400 deles a unha empresa do sector primario, Acuidoro, que é líder na produción de rodaballo.




















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



