Barreiros, 4 de maio de 2016. O BNG de Barreiros continúa propoñendo medidas para tratar de rebaixar os prexuízos que as continuas modificacións do IBI impostas polo Partido Popular, ben desde o goberno do estado ou desde o propio concello, están tendo nas veciñas e veciños de Barreiros.
Neste sentido, veñen de rexistrar unha moción na que reiteran a solicitude que xa fixeron no pleno de marzo para que o goberno municipal se dirixa ao goberno do Estado pedindo unha nova valoración dos inmobles á baixa, tendo en conta a actual situación económica, o uso e a ubicación dos mesmos.
Desde o BNG valoran positivamente o anuncio feito nesta mesma semana polo alcalde de Barreiros de aplicación de bonificacións ás explotacións agrarias xa que foi unha proposta que fixo o BNG. Recordan que “foi un acordo que se tomou no pleno de setembro de 2015 despois do debate dunha moción do BNG na que se pedía que se rebaixara o tipo impositivo que se aplica en Barreiros (que é o máis alto da provincia) e que se estableceran as bonificacións que foran posibles para diminuir a carga impositiva.” Por iso “non hai debate posible no seguinte pleno, tal e como pretende trasladar o alcalde nas súas declaracións”, afirma Ana Ermida. “O debate xa se deu, e foi porque o pediu o BNG, hai oito meses. O único que está facendo agora é cumprindo, parcialmente, ese acordo que se adoptara por unanimidade.”
A iniciativa que presenta agora a formación nacionalista pide, en primeiro lugar, o cumprimento íntegro do acordo de setembro. “Non só a aplicación de bonificacións. Senón, tamén que se rebaixe o tipo impositivo que aplica o concello -que é do 0,88%- e que lle afecta a todas as veciñas e veciños, con independencia de se teñen explotacións agrarias ou non.”
“Desde logo que é fundamental tomar medidas de axuda ás explotacións agrarias pola súa relevancia na economía municipal e pola dificil situación que atravesan, pero as consecuencias das decisións do goberno do PP (que pasou dun 0,6% ao 0,88% en 2012) perxudican a todas as veciñas e veciños e, neste sentido, deben adoptarse medidas que poidan beneficiar tamén a toda a poboación”, explican desde o BNG.
O BNG pide que, oito meses despois, o acordo que se tomou se cumpra na súa totalidade e que a revisión da ordenanza que se propón se faga dacordo con todos os grupos municipais e se aproveite tamén para rebaixar o tipo impositivo que marca o concello, beneficiando así a todas as veciñas e veciños.
Solicitude dunha nova valoración catastral
Xa no último pleno celebrado o BNG pediulle ao goberno municipal que se dirixa ao goberno do Estado para que leve a cabo unha nova valoración catastral á baixa na que os valores se adapten á actual situación económica e na que se teñan en conta tanto o uso dos inmobles como a súa ubicación.
A portavoz municipal explica que “esta é unha medida que afecta a toda a poboación, pero especialmente ás construccións do rural e explotacións agrarias, xa que é onde máis inmobles existen (palleiras, almacéns, pendellos…) que foron valorados moi por riba do valor real.”
“Se as bonificacións e a rebaixa do tipo impositivo son importantes para tentar minorar o prexuízo no recibo do IBI, o feito de rebaixar o valor que se lle outorga aos inmobles é fundamental para evitar outras consecuencias que tamén están a soportar as familias barreirenses ao aparecerlles uns valores patrimoniais que nada teñen que ver cos reais”, explica Ana Ermida.
A nacionalista pon como exemplo “os impostos que deben pagar en caso de transmisións, tanto vendas como herdanzas, que se aplican sobre os valores patrimoniais ou os problemas para optar a bolsas de estudos dos fillos, ao computarse un valor patrimonial altísimo como consecuencia dos valores outorgados e que nada teñen que ver coa realidade.”


















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



