ADEGA convoca unha nova edición dos Concursos polo Territorio, destinada a ofrecer unha oportunidade á sociedade galega de retratar o estado actual do territorio galega a través da imaxe e da palabra. Por sexto ano consecutivo, os certames pretenden facer partícipe a cidadanía galega na reivindicación dunha ordenación territorial sustentábel na que se eviten as ansias especulativas dos poderes privados sobre o territorio, ás veces, en conivencia coa administración pública, e na que se propoñan alternativas máis coherentes coa defensa ambiental, coa cohesión social e coa posta en valor do noso patrimonio cultural.
Estes concursos enmárcanse dentro da campaña “Ponte no medio. Móvete polo territorio” que ADEGA ten posta en marcha desde o ano 2011 e contan coa axuda da Área de Cultura da Deputación provincial de Lugo.
ADEGA anima á participación nesta nova edición dos certames de fotografía, relato e curtas polo Territorio que o ano pasado reuniu un montante de 84 fotografías, 63 relatos e 11 curtametraxes.
VI Concurso “FOTOGRAFÍAS POLO TERRITORIO”
As fotografías deberán ter como obxecto mostrar os efectos de actividades humanas que supoñen unha agresión ao noso país xa sexa contra o patrimonio, a cultura, a paisaxe ou a identidade territorial. Tamén se poden enviar fotografías que amosen exemplos positivos de posta en valor e defensa da nosa contorna. Cada participante poderá presentar como máximo un total de 4 fotografías cos seus datos persoais e a localización xeográfica das imaxes, que terán que ser enviadas a ADEGA através do e-mail: culturaeterritorio@adega.gal.
Neste certame establécense dúas categorías de participación: a xuvenil, ata os 16 anos; e a adulta, para maiores de 16 anos.
Os premios para a categoría adulta serán un diploma e 200 euros; e os premios para a categoría xuvenil, diploma e 150 euros.
O prazo para presentar as fotografías remata o día 1 de novembro do 2016.
VI Concurso “O LUGAR ONDE VIVO”
Os relatos curtos poderán ser historias fantásticas, feitos reais ou experiencias propias, sempre e cando o eixe do relato xire arredor das visións que a poboación galega ten sobre o lugar no que vive; como é, como foi, como quixeramos que fose, a importancia da súa conservación, as agresións sufridas polo mesmo, as experiencias positivas que se dan na súa configuración, etc.
Cada participante poderá presentar un máximo de 2 relatos inéditos en lingua galega, que terá que enviar por correo postal ao enderezo de ADEGA Lugo (Ronda das Fontiñas 180, entrechán) ou por correo electrónico a; culturaeterritorio@adega.gal.
Para esta convocatoria tamén se establecen as categorías xuvenil e adulta e o prazo límite de presentación das obras remata o 1 de novembro de 2016.
Os premios serán de 250 euros máis diploma para o gañador/a da categoría adulta e 200 euros e diploma para a categoría xuvenil.
V Concurso “E TI QUE É O QUE VES?”
As curtametraxes poden ser de ficción, documentais ou de animación e deberán dar mostra de exemplos de posta en valor da nosa cultura, dos nosos recursos naturais ou do territorio en xeral e/ou denunciar aquelas actuacións que resulten agresivas co mesmo.
Cada participante poderá presentar un máximo de 4 proxectos audiovisuais, que terá que enviar en formato DVD, por correo postal ao enderezo de ADEGA Lugo (Ronda das Fontiñas nº 180 Entrechán); ou através dalgunha plataforma online de intercambio de arquivos, tipo Dropbox, Wetransfer, Google Drive, ou enviar a ligazón de descarga ao email: culturaeterritorio@adega.gal.
Establécese unha única categoría para este certame e o prazo límite de presentación dos traballos remata o 1 de novembro de 2016.
O primeiro premio levará un diploma e 250 euros e o segundo premio obterá un diploma e 150 euros.
As bases dos concursos pódense descargar da web de ADEGA, www.adega.gal.





















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
Os senadores do PP por Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, xunto co portavoz de Interior do Grupo Parlamentario Popular no Senado, Luis Santamaría, mantiveron unha reunión no Senado con representantes da Asociación Española de Gardias Civís na provincia de Lugo, que lles trasladaron as principais reivindicacións do colectivo e analizaron os problemas e necesidades que afectan á Garda Civil na provincia.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



