Un noso vello amigo, bó coñecedor dese submundo, dí que os partidos políticos son caldo de cultivo dos episodios mais virulentos no desencontro entre as persoas, onde se escenifica o amor/odio cos efectos mais sañudos. A rotura das parellas políticas, tan prodigadas,cando ambos membros perseguen idénticos obxetivos e só hai praza para un, pode ter un final dramático, resultas da paixón que os dous senten pola noiva pretendida, coa que están dispostos a todo, pero non renuncian a deitarse con ela a cotío; rutura ineludible!.
No eido público, dende hai moito tempo, (dende sempre, acaso.?), estamos a vivir, en tódolos niveis de tódalas cores, unha ringleira inacabable de episodios que entroncan co suposto que antecede, e leva a considerar os posibles paralelismos con outros amores, reais ou ficticios, dos que da boa conta a literatura universal. Porque, tamén traumáticos, pero mais románticos, foron os de Calixto e Melibea, da Celestina, figura malévola, sempre presente nos entramados políticos; os Amantes de Teruel; Romeo e Julieta; don Juan Tenorio e dona Inés ou do rei don Pedro de Portugal que, tras a morte da galega Inés de Castro, a coroou Raíña…
É frecuente que os amores apaixoados, os “amoríos”, rematen de forma traumática; non estamos pois ante un feito novidoso. Algo semellante atópase no mundo da ficción: en Cyrano de Bergerac, por exempro; él e Cristian, un soldado da súa Compañía, amaban á mesma muller, Roxana. Cristian, mais xove, guapo, pero sen talento, finou guerreando. Cando Cyrano, poeta, feo e mais vello morreo, Roxana decatouse que era el quen escribía as cartas amorosas que aquél lle enviaba; quen, en realidade, a namoraba, e descubríu que nun só amaba a dous, e así o expresou ó morrer o poeta: ”Amei a un home e o perdo por segunda vez…”
Nada ten que ver o relato que antecede, co amor bucólico, puro e desinteresado de Martiño e Rosa en “A Virxe do Cristal” de Curros Enriquez. Cando él, sen motivo, dubidou da fidelidade de Rosa, ésta ingresou, de por vida, nun mosteiro. Os actores da traxicomedia política á que aludimos, de tan nefasto proceder, pola contra, seguen a representar, sen ruborizarse sequera, a vergoñenta peza teatral. Todo un penoso exempro para os aprendices de político aos que os veteranos“mestres”amosan o camiño; por iso nunca a xeira remata… Penoso!.




















Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.



