Foz, 5 de maio de 2016.- Este venres á primeira hora da madrugada a expedición do Club Kayak de Foz partirá cara a Sevilla para participar en dúas competicións encadradas dentro da XV Liga Nacional de Novas Promesas Aguas Tranquilas: a Copa de España “JJ.PP.” Cadete 1000 metros e o III Campionato de España Infantil 3000 metros. Esta competición vaise celebrar os días 7 e 8 de maio no CEAR da Cartuxa e reunirá a máis de 700 deportistas de máis de 70 clubs procedentes de 14 comunidades autónomas.
Para estas dúas competicións, o Club Kayak de Foz despraza a tres padeeiros: o infantil B Sergio Rubio Pacios, o infantil A Francisco Rubio Pacios e o cadete B Xoel García Neira, sendo estes dous últimos os padeeiros de maior proxección a nivel estatal do club.
O sábado pola mañá dispútase a Copa de España de Cadetes. Xoel García Neira, grazas aos seus bos resultados nesta Liga Nacional sáltase as contrarreloxo de primeira hora da mañá, pasando directamente ás semifinais a partir das 10:40 horas. Unha vez pasadas as semis, a partir das 11:50, darase a saída ás finais para home K1 cadete. Esperemos que Xoel poida estar na pelexa polas medallas. Desde aquí desexámoslle toda a sorte do mundo.
O domingo é a quenda para os infantís coa disputa do III Campionato de España Infantil sobre a distancia de 3000 metros. Neste campionato, o club focense ten inscritos a dous deportistas: Sergio Rubio Pacios na categoría infantil B e a Francisco Rubio Pacios na categoría infantil A. Ás 10:30 horas disputarase a final da categoría Home Infantil B K-1 e ás 12:00 será a quenda do final Home Infantil A K-1. Do mesmo xeito que o seu compañeiro Xoel, Fran ten moitas opcións de quedar entre os 10 primeiros e quizais, pelexar por unha das medallas en xogo. Moita sorte a ambos.























Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
