O grupo de teatro co que conta a Asociación de Axuda ó Enfermo Mental a Mariña foi actuar ao CEIP Vista Alegre de Burela este venres 13 de maio con motivo da celebración do Día das Letras Galegas. A obra representada foi “O cazo de Sabela”, que trata sobre o que supón para unha persoa padecer unha enfermidade mental. Esta foi unha das últimas veces que se representa, xa que están a punto de estrear nova obra. Acto seguido actuou o Grupo da A.N.P.A do Vista Alegre coa súa obra “Os tres porquiños”. Foi unha xornada divertida donde o primordial foi a integración entre os usuarios da asociación e o alumnado do centro, contribuíndo así a romper co estigma que pesa sobre as persoas con enfermidade mental.
