Ribadeo, 17 de maio de 2016. O mercado de Ribadeo apúntase á campaña internacional Quere o teu mercado, na que participaran outros mercados de Galicia.
A campaña desenvolverase entre o 18 e o 28 de maio en Ribadeo “e ten como obxecto promover o consumo en clave local, visibilizar a profesionalidade dos praceir@s e da calidade dos seus produtos”, explican desde a Concellaría de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio. Durante estes días, os praceir@s agasallarán aos seus clientes con bolsas, mandís e globos promocionais da campaña.
Dentro desta campaña Quere o teu mercado e coincidindo co Ribadeo de Tapeo, a asociación de praceir@s de Ribadeo en colaboración co Concello ofertará por primeira vez A tapa do mercado os sábados 21 e 28. As tapas serán gratuítas e serán elaboradas con produtos dos/das praceir@s.