Burela, 26 de maio de 2016.- A ala-peche Maite García da Montaña di adeus á Familia Laranxa; os camiños da capitá e do Burela FS Pescados Rubén separaranse tras cinco campañas inesquecibles. “Para un deportista é moi bonito estar no Burela FS pero tamén é esgotador. Dóeme na alma, pero creo que todos os ciclos teñen un final e chegou o momento de vivir novas experiencias; a renovación desta tempada xa foi moi meditada. Decidín quedar un ano máis aquí compatibilizando os meus estudos de Cociña e agora é o momento de marchar” explicaba a xogadora cacereña visiblemente emocionada, que recalou na Mariña en 2011-12 procedente da Rioxa.
O presidente do CD Burela FS Pescados Rubén destacou a capacidade de sacrificio e de traballo de Maite. “É unha loitadora incansable. Medrou xunto ao equipo apoiada na súa total entrega; non hai obstáculo que se lle resista. Esa gran forza que proxecta tanto dentro como fóra da pista converteuna nunha gran xogadora, nun baluarte para o equipo e nunha das grandes referencias da afección. Só lle podemos desexar o mellor na súa nova aventura”, explicaba o dirixente da entidade.
“Foron cinco anos espectaculares; levo todo de aquí, éxitos deportivos e unha nova familia. Gañeino todo con Burela e espero que este ano poida poñer a guinda con outro título. Ademais todo o agarimo que me demostrou a xente é impagable” repasaba así a 17 burelista as súas celebracións de liga 2012-13, Copa de España 2013 e Supercopa de España 2015 e as súas boas vivencias na costa galega.
Italia será o destino da carismática burelista. “Agora mesmo só estou pensando en gañar; quédannos dous partidos, a liga está moi preto” explicaba Maite, recoñecendo que xa recibiu ofertas do fútbol sala italiano, aínda que aparcará a súa decisión ata que remate a tempada: “Non teño présa de momento, estou centrada nesta recta final. Co traballo desempeñado aquí sei que vou ter oco no fútbol sala”.
Unha das xogadoras máis queridas nas bancadas de Vista Alegre despedirase da Bomboneira esta semana. “Vai ser un choque moi grande xogar o último partido, o sábado. Espero que a xente se achegue á nosa despedida” adiantaba Maite, facendo referencia á xa coñecida marcha de Peque, un par de días antes do gran derbi galego ante Valdetires (18.00 horas) que pechará a liga en Vista Alegre, na penúltima xornada. “Isto talvez sexa un ata logo; volverei a Burela aínda que só sexa de visita” reflexionaba con brillo nos ollos a capitá laranxa.
“Quero dar as grazas a Pardeiro pola oportunidade que me brindou naquel equipo de 2011-12. Nestes cinco anos formeime como xogadora e un pouco máis como persoa; aprendín moito. Quero dar as grazas a todos os que fan posible este proxecto, tanto a patrocinadores como a todas as persoas que se moven por nós para que poidamos cumprir cada día o noso soño. Hai cousas que só se poden vivir en Burela” concluía entre pensativa e apenada Maite.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
