Lugo, 27 de maio de 2016.- O Executivo Provincial aprobou este venres na Xunta de Goberno modificacións nos convenios de colaboración con Cervantes, Guntín e Sober, que permiten ampliar o prazo de xustificación de actuacións que a Deputación de Lugo ten previsto financiar nestes Concellos a través da proposta de Orzamento para 2016 do Presidente. Deste xeito, o equipo de goberno salva estas obras, que tiñan que estar finalizadas nas vindeiras semanas, aínda que de xeito momentáneo, pois requiren da imprescindible aprobación das contas provinciais deste ano.
O voceiro provincial socialista, Álvaro Santos Ramos, explicou que estas actuacións forman parte do conxunto de obras, dotadas de case 5 millóns de euros, en 18 Concellos, todos eles gobernados polo Partido Popular, agás Cervantes cuxa partida económica prevista é considerablemente inferior aos dos outros 17 municipios, que 13 Deputados puxeron e manteñen en risco ao acordar a retirada do Orzamento de 2016.
Son obras que comprometeu Elena Candia estando na presidencia da Deputación e que deixou sen consignación orzamentaria. Para poder executalas, tendo en conta que “os prexudicados de non facelo sempre serán os veciños”, Campos Conde decidiu dotalas de orzamento. Incorporounas polo tanto á súa proposta de presuposto de 2016 e deixou comprometido máis financiamento das seguintes anualidades. Fíxoo tras abordar a necesidades destas actuacións con todos os Alcaldes dos municipios afectados.
O feito de que os 12 Deputados do Partido Popular e o Deputado non adscrito acordasen no Pleno Extraordinario da semana pasada a retirada do Orzamento para este ano, mantén en risco estas obras, pois non contan co presuposto provincial para financialas.
“Empregou as obras para ganar o favor dos Alcaldes e chegar á presidencia do PP”
“Elena Candia empregou estas obras para ganar a Alcaldes que lle axudasen a chegar á presidencia do Partido Popular. E, conseguido o seu favor, agora vota en contra deles mesmos e déixaos tirados. Candia non respecta nin os seus propios compromisos e compañeiros de partido. Cando menos, debería facer isto e posibilitar a aprobación dos presupostos, que primeiro non apoio e logo retirou. A prioridade do Goberno Provincial é aprobar o Orzamento de 2016. Por iso, o que fixemos hoxe foi crear o escenario que posibilite, de acadar a necesaria aprobación do Orzamento, a financiación destas obras por parte da Deputación” subliñou Santos Ramos.
Obras en risco en 18 Concellos da provincia
– Taboada, rexeneración de camiños, obras financiadas con 388.261 euros. Anualidades de 2015, 2016 e 2017.
– Mondoñedo, rehabilitación Casa Museo Álvaro Cunqueiro. 324.686 euros (2015-2017).
– Baralla, instalacións deportivas na área fluvial. 424.963 euros (2015-2019).
– Begonte, acondicionamento rede viaria municipal. 340.000 euros (2015-2017).
– Guntín, accesos a núcleos. 299.791 euros (2015-2017).
– O Vicedo, equipamento, mobiliario e reforma da Casa do Mar. 394.256 euros (2015-2017).
– Triacastela, camiños. 285.000 euros. (2015-2017).
– Vilalba, mellora vías de comunicación. 511.754 euros. (2015-2017).
– Xove, mellora de camiños. 511.754 euros. (2015-2017).
– Palas de Rei, mellora de camiños rurais. 269.927 euros. 54.759 euros. (2015-2017).
– Castro de Rei, acondicionamento vías municipais. 150.454 euros. (2015-2017).
– Bóveda, adecuación de camiños. 194.906 euros. (2015-2017).
– Quiroga, centro de día, 370.000 euros. (2015-2017).
– Sober, mellora de accesos + albergue municipal. 85.000 + 20.000 euros. (2015-2017).
– Antas de Ulla, rehabilitación viario. 162.116 euros. (2015-2016).
– Pantón, acondicionamento estrada Bazal N120 + accesos Fervenza de Augacaída. 45.751 + 29.951 euros. ((2015-2016).
– Cervo, pista de pádel. 160.872 euros. (2015-2016).
– Cervantes, acondicionamento de camiños. 19.499 euros. (2015-2017).


















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



