O Pleno da Deputación de Lugo vén de aprobar por unanimidade a declaración institucional que propuxo o Presidente, Darío Campos Conde, na busca da defensa de toda a Corporación Provincial aos traballadores da planta de Alcoa en San Cibrao.
Campos Conde decidiu transformar a proposta do Goberno Provincial nesta declaración institucional, que recolle, exactamente, os mesmos acordos que plantexaba o equipo de goberno da Deputación.
A declaración institucional é a seguinte:
Nestes días, teñen aparecido publicamente informacións sobre a intención da multinacional Alcoa de pór á venda, entre outras, a planta de aluminio que posúe en San Cibrao, que dá emprego, nestes momentos, a 1.300 traballadoras e traballadores.
O impacto social e económico que supón tal planta nesta comarca e na provincia empregando a persoas de moitos Concellos convértea, ante a falla de industrialización da zona, nun dos principais sectores tanto a nivel económico como de emprego.
Permitir a destrución ou desestruturación dun centro de traballo destas características sería unha traxedia, que suporía condenar á Comarca de A Mariña e á provincia de Lugo en xeral a un futuro incerto, pois xeraría aínda máis desemprego e favorecería a emigración e o despoboamento dos nosos Concellos.
Esta situación estase a dar, entre outros motivos, debido a que a día de hoxe a Xunta aínda non puxo en funcionamento o acordo do Parlamento Galego para a creación dunha tarifa eléctrica galega, que permita á industria e á poboación en xeral abastecerse de enerxía eléctrica a prezos acordes á capacidade produtiva de Galicia, como territorio excedentario que somos.
Tendo en conta o exposto, e ante a incerteza que se vive nestes momentos, o Goberno da Deputación de Lugo somete a debate e aprobación polo Pleno os seguintes acordos:
1.- A Deputación de Lugo traslada o seu apoio ás traballadoras e traballadores da planta de Aluminio que a multinacional Alcoa posúe en San Cibrao, e ponse á súa disposición para realizar todas e cantas xestións estean ao seu alcance para garantir os postos de traballo.
2.- A Deputación de Lugo manifesta que os arredor de 1.300 empregos que supón a planta de aluminio son fundamentais para a provincia de Lugo e, en particular, para garantir a supervivencia e o futuro da Mariña e das familias que viven nesta Comarca.
3.- A Deputación de Lugo insta a todas as institucións públicas a traballar coordinada e continuamente co obxectivo de garantir que ningunha das posibles situacións que se poidan dar afecten aos empregos; que se manteña o número de postos de traballo e as condicións dos mesmos; e se evite que as nosas veciñas e veciños se vexan afectados polas repercusións negativas das decisións empresariais dunha multinacional que actúe en base aos seus propios intereses económicos, sen valorar as consecuencias sociais das mesmas no noso territorio.
4.- O Pleno da Deputación de Lugo insta á Xunta de Galicia e ao Goberno Central a realizar todas e cantas xestións sexan necesarias para a permanencia da citada planta de aluminio, entre outras, e para pór en funcionamento unha tarifa eléctrica galega que permita as industrias e familias abaratar os custes de abastecemento en Galicia, comunidade excedentaria na produción enerxética.


















A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada, entre 12 e 19 horas, realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.



