Ribadeo, 1 de xuño de 2016. Seguen os preparativos da III Festa Indiana, que se celebrará en Ribadeo do 8 ao 10 de xullo, organizada polo Concello e por Acisa. O III Mercadiño Indiano terá lugar o 9 de xullo na rúa San Roque entre as 11.00 horas e ata a finalización do Festival de Habaneras, prevista aproximadamente para as dez da noite, segundo informa a Concellaría de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio. Trátase dunha mostra con produtos e mercancías de ultramar e da época así coma de oficios, que comprenden desde finais do século XIX e principios do XX.
As bases para poder participar no Mercadiño Indiano atópanse colgadas na web do Concello www.ribadeo.gal. Nas mesmas recóllese que poderán participar preferentemente as persoas físicas ou xurídicas que desenvolvan unha actividade económica en Ribadeo relacionada cos produtos da horta, especialmente os chegados das Américas: pataca, pemento, tomate, millo, café cacao, salazóns, ron, herbas, especies… E tamén doces e pasteis típicos da época, xoguetes, froitas tropicais, roupa, complementos, tocados, libros, revistas e outros artigos de papelería relacionados coa temática, antigüidades e decoración, flores e plantas tropicais, xeados e oficios da época como barquilleiros, zapateiros, zoqueiros, etc.
As actividades que non teñan a súa actividade económica en Ribadeo poderán presentar a súa solicitude, tendo preferencia os de Ribadeo na concorrencia a un posto. A organización resérvase o dereito de convidar á participación a persoas ou entidades de fora de Ribadeo, por razón do seu produto coma un elemento significativo da época e sempre e cando non estea dispoñible na localidade.
As persoas interesadas en participar no III Mercadiño Indiano deberán presentar no rexistro xeral do Concello a súa solicitude xunto co modelo de inscrición debidamente cumprimentado e a documentación requirida antes do 20 de xuño. A inscrición e participación é gratuíta. Para máis información poden poñerse en contacto coa Área de Desenvolvemento Local e Turismo de Ribadeo no teléfono 982 128 650 ou no correo electrónico adl@ribadeo.org.




















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



