A actividade cultural de Ribadeo para o mes de xuño comezará coa presentación do libro Conflito lingüístico e ideoloxía na Galiza. A situación do galego como síntoma de Francisco Rodríguez, o xoves 2 de xuño a partir das 20.30 horas. O autor ferrolán conversará arredor da 5ª edición do estudo publicado en 1976 que supuxo un fito na análise, interpretación e diagnóstico dos problemas do galego en conexión cos problemas de estirpe económica, social e política que a nosa nación padece.
Un libro fundamental na historia moderna do galego e unha peza clave na sociolingüística galega. Agora aparece esta quinta edición, primeira dixital, notoriamente aumentada con análises sobre a política lingüística oficial, a mobilización popular contra ela, a conciencia social sobre o idioma e o seu estado como síntoma, no que vai de século XXI. Desta forma, a través deste libro o lector pode decatarse de como evolucionou a situación lingüística na Galiza desde a década dos setenta do século XX até hoxe, practicamente 50 anos, tirando as conclusións oportunas sobre as mudanzas cuantitativas e cualitativas que se produciron.
A Casa das Letras será o enclave para esta presentación relevante para o noso autocoñecemento lingüístico e social.
Encontro poético
Un man a man poético entre recoñecidos autores de Madrid e de Galiza, con Ribadeo como sede.
O xa tradicional intercambio poético impulsado pola Asociación “Piedra de Molino” fai da Mariña lugar de encontro para a súa edición dedicada á poesía galega. Un recital poético colectivo aberto e gratuíto para todo o mundo interesado, en galego e castelán.
Supón unha oportunidade de que os autores convidados coñezan máis de preto a Mariña e o seu tecido cultural.
Unha flamante ocasión de gozar da mellor poesía interpretada en vivo polos seus propios autores/as.
Contaremos cos mariñáns Xavier R. Baixeras e Olalla Cociña así como tamén cunha das poetas máis prolíficas da lírica galega contemporánea, Yolanda Castaño. Desde Madrid chegarán autores xa consagrados como Jorge de Arco, Vanessa Pérez-Sauquillo e Carlos Aganzo.
Despois dunha visita pola nosa vila, o venres 3 de xuño ás 20.30 horas estarán estas autores e autores no Cine-Teatro para ofrecer un recital poético en que entran en xogo dúas literaturas tan próximas como a galega e a castelá.
Centenario das Irmandades da Fala
O bús máis vintage e máis ilustrador do momento, chega a Ribadeo este domingo 5 de xuño da man da Agrupación Francisco Lanza, o Concello de Ribadeo e ORA GALEGA.
O autobús itinerante das Irmandades da Fala leva dentro unha exposición que nos serve para comprender o pensamento, historia e acción da xente deste agrupamento cultural e político.
Con motivo da súa estadía no Parque San Francisco, organizáronse unha serie de actos que veñen a conmemorar o centenario das Irmandades da Fala. Ás 12.30 horas, nas Catro Rúas, actuación musical do Cuarteto Xaramolos e lectura colectiva do Manifesto das Irmandades da Fala en que participarán diversas xeracións. Ás 13.30 horas, a carón do bus, actuación da Coral Polifónica, vindo a festexar a defensa, reivindicación e promoción que destas agrupacións musicais se realizou desde as Irmandades.
Xa de tarde, a partir das 17.00 horas estará dispoñíbel a exposición itinerante, realizándose ás 18.30 horas unha visita guiada da man de Suso Fernández Acevedo. Para pechar este día de actos conmemorativos, ás 19.30 horas poderemos desfrutar dun concerto de Poetarras, en que escoitaremos temas como “Chove en Galiza”, “Feijóo” ou “Hasta la diglosia siempre”.




















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



