Lugo, 1 de xuño de 2016.- O subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, e o alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, copresidiron na mañá deste mércores a reunión da xunta local de seguridade do municipio, na que tamén participaron representantes da Garda Civil, o Subsector de Tráfico, a Policía Autonómica e a Policía Local.
No encontro acordouse reforzar a vixianza por parte dos distintos corpos policiais durante os meses de verán, nos que a localidade focense ve multiplicada a súa poboación, prestando especial atención á zona dos areais e á celebración de eventos festivos destacados, como é o caso das festas patronais de San Lourenzo, as festas do Carme en San Martiño, o Festival Why Not Here Fest ou o Festival do Emigrante.
Así, e aínda que o Concello se encarga de deseñar os respectivos dispositivos de seguridade atendendo á súa competencia, adiantouse que os efectivos de Policía Local reforzarán a súa labor na época estival e que contarán coa colaboración da Garda Civil para velar polo mantemento da orde pública e previr a comisión de posibles feitos delictivos. Este traballo conxunto favorecerá unha resposta máis áxil e eficaz ás posibles necesidades de veciños e visitantes.
Evolución da delincuencia
Os integrantes da xunta local analizaron tamén, como é habitual, a evolución da delincuencia no municipio. Segundo os datos oficiais da Garda Civil presentados na xuntanza e correspondentes á anualidade 2015, a delincuencia en Foz manténse en niveis prácticamente idénticos aos do ano anterior, e sen feitos violentos reseñables.
Destacouse que as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado intensificaron a súa labor para previr a comisión de delitos no municipio, especialmente delitos contra o patrimonio, así como para esclarecer e poñer a disposición da xustiza aos autores dos que se chegan a producir. No conxunto do pasado ano, os axentes do posto de Foz detiveron a 19 persoas e investigaron a outras 32 pola súa presunta implicación en feitos constitutivos de delito.
Plan dirixido á comunidade educativa
O subdelegado do Goberno informou tamén do traballo realizado en Foz ao amparo do Plan director para a convivencia e a mellora da seguridade escolar nos centros educativos e as súas contornas, deseñado pola Secretaría de Estado de Seguridade. O obxectivo deste plan é reforzar a educación, a prevención e a vixilancia nos centros escolares poñendo á disposición dos mesmos a asistencia técnica que precisen para previr e abordar os episodios graves que poidan ameazar a convivencia escolar, así como axudando a mellorar o coñecemento de alumnos, pais e profesores sobre os problemas de seguridade que afectan aos mozos e mozas.
Ao longo do curso pasado, 2014-2015, os axentes impartiron 13 charlas no marco deste Plan director en Foz. En concreto, nos centros CEIP Nº1, CPR Nuestra Señora del Pilar, IES de Foz e CEIP O Cantel, sobre temáticas como o acoso escolar, os riscos de internet e as novas tecnoloxías, os perigos das drogas e o alcohol e a prevención dos incendios forestais.
No que vai do actual curso académico, impartíronse 12 charlas en centros educativos do municipio (no CEIP Fondo Nois, CEIP Nº1, Asociación Educando en Familia, CPR Martínez Otero, IES de Foz e CEIP O Cantel).





















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



