Ribadeo, 3 de xuño de 2016.- Ribadeo afronta a última fase de construción da residencia de maiores. O Concello procederá en breve a licitar o equipamento do centro, segundo anunciou este venres o alcalde, Fernando Suárez. Estes días trabállase na urbanización do entorno.
O rexedor explicou que “nestes días estamos iniciando a urbanización do entorno, tal como estaba previsto no proxecto de construción da residencia de maiores. Aproveitaremos para darlle un cambio importante tanto a rúa Francisco Lanza como á rúa Alfredo Deaño coa construción dunha rotonda que normalice unha situación de tráfico moi forzada desde hai moitísimos anos”.
Fernando Suárez manifestou que “no seo da comisión a favor da residencia, esta comisión que formamos todos os grupos da Corporación e tamén os representantes da asociacións de veciños, todos os grupos da Corporación agás do Partido Popular de Ribadeo, que hai uns meses desgraciadamente decidiu auto excluírse desta comisión unánime, que estamos traballando no asunto da residencia desde hai moito tempo. Nesa comisión decidimos que este edificio anexo que quedaba de antigas vivendas dos profesores que aínda quedaba en pé, era mellor proceder á súa demolición para gañar máis espazo verde, para gañar máis superficie para que os usuarios ou residentes que vaian á nova residencia de Ribadeo teñan máis superficie para pasear e estar por alí”. O alcalde indicou que “desde o Concello de Ribadeo estamos iniciando os trámites de redacción do proxecto de demolición que enseguida sairá a licitación pública”.
Suárez Barcia asegurou que “as obras seguen a bo ritmo e debemos salientar tamén e foi un punto que tratamos tamén na comisión de seguimento, que o Concello de Ribadeo está iniciando os trámites para concertar a operación de préstamo que tiñamos prevista no orzamento municipal do 2016 en previsión da situación que se está dando. Aínda que a Xunta nunca nos axudou nin quixo poñer un céntimo nesta residencia si que sempre encontramos compromiso na Deputación Provincial de Lugo e incluso nesta última volta que se comprometeron a consignar o que a Xunta non consignaba é dicir os 500.000 euros pendentes”.
O alcalde de Ribadeo engadiu que “lamentablemente nesta situación de incerteza absoluta na que está na Deputación desde hai meses, onde non dan aprobado os orzamentos para este ano, nos vimos na obriga de continuar nosoutros a residencia con fondos municipais e iniciando esta operación de préstamo. Se a situación da Deputación se normaliza e lle volve o sentidiño a todo o mundo e se aproban os orzamentos como en calquera administración deben estar aprobados os orzamentos no seu propio ano correspondente, cancelaríase o préstamo e non habería ningún problema. Senón o Concello cos seus fondos propios evitará que se paralice a construción e o equipamento de toda a residencia, de aí que sexa necesaria esta nova operación de creto. Pero nunca choveu que non parara e a realidade é que a residencia de maiores está indo moi ben, está encarando a súa fase final de construción. Agora queda a urbanización e queda licitar o equipamento, é dicir as camas, as cadeiras, as mesas, etc…, todo o equipamento que tamén dentro de pouco procederemos a licitar”.




















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



