A aplicación da LOMCE supuxo un maior reforzamento do ensino confesional, pois a relixión non só continúa sendo unha materia escolar, senón que pasa a ter o mesmo valor académico que as demais.
Todo isto viuse agravado coa distribución horaria das materias de bacharelato que provoca que haxa alumnado que se vexa obrigado a matricularse en relixión en contra da súa vontade, dado que, segundo a actual normativa, o alumnado de 1º de Bacharelato debe cursar dúas materias troncais de opción e un mínimo de dúas e un máximo de tres específicas, entre as que está a de relixión cunha carga horaria dunha hora.
Os períodos lectivos asignados ás materias específicas e de libre configuración son seis en 1º de Bacharelato, polo que, tendo en conta que ten que cursar un mínimo de dúas materias e un máximo de tres nas específicas, o alumnado tería que escoller entre as seguintes opcións:
a) Materias específicas (2 ou 3 cunha carga horaria de 2 horas, 3 horas, 4 horas ou de 1 hora (Relixión).
b) Materias de libre configuración autonómica (todas cunha carga horaria de 2 horas)
c) Materias de libre configuración do centro (carga horaria de 1 ou 2 horas)
Como a norma obriga a cursar necesariamente dúas específicas, dáse o caso de que, por exemplo, o alumnado de 1º de Bacharelato que curse como específica Tecnoloxía Industrial, cunha carga horaria de 3 horas, e Robótica de libre configuración, de 2 horas, obrigatoriamente terá que coller relixión, xa que ten que cursar unha específica máis e só relixión ten unha carga horaria dunha hora. Aínda que o centro oferte unha materia de libre configuración dunha hora, o alumnado non a podería cursar pois é obrigatorio, como mínimo, cursar dúas específicas e, por tanto, tería que optar pola relixión.
Por outra parte, o alumnado que escolla a materia de afondamento e/ou esforzo dalgunha materia como de libre configuración verase prexudicado por non ter unha cualificación, ao contrario do que curse relixión.
A CIG-Ensino considera que ten que prevalecer a aconfesionalide e o dereito do alumnado a poder escoller a materia que mellor se axuste ao seu itinerario formativo, sen estar obrigado, directa ou indirectamente, a matricularse en relixión se non o desexa.
Por todo isto e ante este mecanismo perverso, reclamamos da Consellaría de Educación que modifique a lexislación con tempo suficiente, a fin de eliminar esta discriminación e inxustiza e para evitar que se repita no vindeiro curso. Todo se resolvería excluíndo a relixión como materia de bacharelato e do ensino en xeral, mais, mentres, cumpriría suprimir a obrigatoriedade de cursar dúas específicas como mínimo ou darlles ás de libre configuración autonómica a consideración de específicas, para estes efectos, e ofertar outra materia específica dunha hora.
A Mariña, 2 de xuño de 2016
Dores Fernández Abel
Secretaria da CIG-Ensino A Mariña.




















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
Os senadores do PP por Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, xunto co portavoz de Interior do Grupo Parlamentario Popular no Senado, Luis Santamaría, mantiveron unha reunión no Senado con representantes da Asociación Española de Gardias Civís na provincia de Lugo, que lles trasladaron as principais reivindicacións do colectivo e analizaron os problemas e necesidades que afectan á Garda Civil na provincia.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



