Ribadeo, 9 de xuño de 2016.- A Comisión Executiva da Agrupación Socialista de Ribadeo decidiu responder á crecente demanda cidadá, que se puxo de manifesto expresamente na última Asemblea Aberta organizada pola devandita agrupación, de non incorrer en gastos pola nova campaña electoral que se abre este xoves. Por iso, non van pegar carteis con publicidade electoral nin a organizar ningún tipo de acto que supoña unha carga económica para o erario público ou para o partido. Neste sentido, remitiron unha solicitude aos e as responsables federais do PSOE para pedir que non envíen papeletas de voto por correo aos e as cidadás do seu concello, petición que esperan sexa atendida.
Os socialistas de Ribadeo non pegarán nesta campaña carteis electorais nin organizarán actos que supoñan unha carga económica