Viveiro, 9 de xuño de 2016.- No ultimo Pleno celebrado este mes o noso Grupo municipal presentou un Rogo denunciando a situación das pistas e rúas de acceso ás vivendas – principalmente da zona rural – tanto polas fochancas, como pola cantidade de maleza existente o que incluso dificulta a circulación dos vehículos por elas. A resposta do Goberno Local foi que se iban rozando e limpando coincidindo cos festexos das distintas parroquias, algo inaudito para quen paga os impostos todo ano.
Son numerosas as queixas que recibimos dos veciños e dalgúns visitantes que se acercan a zonas turísticas como a Area Etnográfica da Insua, onde se pode comprobar a cantidade de maleza existente e o lamentable estado xeral de conservación no que se atopa, polo que o único que poden contemplar os que ata alí se acercan son as preciosas vistas a nosa ría, xa que todo o demáis está nun estado calamitoso e non é digno de ser contemplado.
Si falamos do Parque da Misericordia situado detrais do Ecce Homo, pois ocurre máis do mesmo, deixadez absoluta en estado máximo con abundante maleza alta que se asemella máis a unha selva que o que realmente é, un parque público. Ë unha lastima que nunha zona coma esta , con cerca de mil veciños, que estes non poidan gozar do seu uso e disfrute en debidas condicións como consecuencia do estado de abandono no que se encontra. Unha vez máis asisitimos a falta de planificación e organización do goberno Local a través da súa Delegación de Medio Ambiente.
Tres cuartos do mesmo acontece no Mirador do Pirixel, a pesares de que o noso grupo xa presentara un rogo no Pleno de febreiro para a súa limpieza de maleza e colocación dun cadro indicativo da zona. O certo é que a día de hoxe nada se ten feito por darlle solución a esta situación.
O PP de Viveiro solicita unha vez máis ó goberno local o desbroce e reparacion das pistas e rúas de acceso as vivendas, así como o mantemento e limpeza destas zonas de ocio, lamentando a continua falta de previsión para facer estes traballos tan necesarios antes da chegada do verán , para que tanto os nosos veciños, como os que nos visitan , poidan disfrutar en todo o seu esplendor dos magníficos recursos naturais e paisaxísticos dos que dispoñemos.


















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.



