O Concello de Viveiro organiza o sábado 11 de xuño no marco de FESTUR (Feira de Festas de Interese Turístico) unha degustación gratuíta da merluza do pincho de Celeiro co obxectivo de promocionar unha das festas de interese turístico do municipio.
Co fin de dar a coñecer o produto máis representantivo da nosa gastronomía, repartiranse, a partir das 17.30 horas, unhas 400 racións de merluza elaboradas de dous modos distintos: en salpicón e en empanada.
Esta iniciativa é posible grazas á colaboración da Asociación Cultural e Deportiva Penalba, da empresa Puerto de Celeiro SA e do restaurante Louzao. É por iso que “dende o Concello quérese agradecer publicamente a todos eles a súa boa disponibilidade e colaboración na promoción da nosa merluza do pincho e, por extensión, do noso municipio”.