LUGO .- O Centro de Artesanía e Deseño, dependente da Deputación, organiza 203 obradoiros portátiles nos colexios públicos, privados e centros de educación especial da provincia, nos que participaran 2.000 nenos nestas actividades extraescolares.
Nota de Prensa
2.000 nenos participarán nos 203 obradoiros portátiles que o CENTRAD organiza nos colexos da provincia
– O Centro de Artesanía e Deseño, dependente da Deputación, triplica a oferta e o número de prazas deste tipo de cursos con respecto a edición anterior
– O CENTRAD amplía ademais a programación oficial de obradoiros sumando preto de 60 durante o 2009, un 70 % máis que o ano pasado
– Éxito da exposición “3+3 Vigo. Xeración dos 50” coa asistencia de máis de 800 persoas de todas as nacionalidades
O Centro de Artesanía e Deseño, dependente da Deputación, organiza dende este luns 203 obradoiros portátiles nos colexos públicos, privados e centros de educación especial da provincia. 2.000 nenos participarán nestas actividades extraescolares con temáticas moi variadas, dende cestaría, fabricación de papel ou instrumentos musicais, tapiz, e ata monicreques.
Os primeiros obradoiros, que serán de cestaría e monicreques, comezan este luns, ás 16:00 horas e ata ás 18:00 horas, no colexo Galén da capital. O martes, ás 16:30 horas e ata ás 19:50 horas, os cursos trasládanse ata o centro Vilar Ponte de Viveiro.
Nesta edición, que se prolongará dende o mes de novembro e ata xuño, o CENTRAD triplica o número de cursos e de prazas, grazas ao éxito da última convocatoria. O ano pasado, o Centro de Artesanía e Deseño organizaou 65 obradoiros portátiles nos que participaron 650 rapaces.
Ampliación de obradoiros
O Centro de Artesanía e Deseño, dependente da Deputación, amplía a programación oficial de obradoiros para o 2009, con tres novos cursos sobre costura, madeira e construcción de instrumentos. Deste xeito, o CENTRAD organiza preto de 60 obradoiros este ano, concretamente 57, e aumenta a oferta de cursos, con respecto ao 2008, nun 70%.
O manexo das técnicas de costura para a confección de traxes rexionais, a construcción de viola, ademáis da ebanistería e a restauración, serán os temas dos novos obradoiros que comezarán o vindeiro 16 de novembro nas instalacións do Centro de Artesanía e Deseño.
Os interesados poderán facer a súa inscrición de balde na sede do CENTRAD, na rúa Chantada da capital lucense, dende ás 9:00 horas ás 14:00 horas, e ata o 11 de novembro.
“3+3 Vigo. Xeración dos 50”
A mostra “3+3 Vigo. Xeración dos 50” pecha coa visita de máis de 800 persoas de todas as nacionalidades que se achegaron a Capela de Santa María. Segundo as enquisas realizadas polo CENTRAD, a maioría dos visitantes procederon de Galicia, prevalecendo as provincias de Lugo e Pontevedra. Nembargantes, tamén houbo asistentes de Madrid, Castela la Mancha, Castela León, Andalucía e Asturias, así como, de Francia ou da República Dominicana.
A vindeira exposición que acollerá a capela de Santa María será “Expo-Manga”, unha mostra inspirada neste arte gráfico xaponés e nos cómics, que se poderá visitar dende o 20 ao 22 de novembro.




















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



