Ribadeo, 13 de xuño de 2016.- O número de denuncias por infraccións de tráfico diminuíu nun 35% en Ribadeo no que levamos de ano. Ata o 1 de xuño as multas ascenderon a 302 e as máis frecuentes foron impostas por estacionamentos prohibidos.
O alcalde, Fernando Suárez, manifestou que “queremos dar a coñecer desde o goberno municipal unha serie de datos de multas, de sancións de tráfico da Policía Local que aínda que nun principio poida parecer negativo realmente non o é tanto”.
Fernando Suárez contou que “quixemos facer unha comparativa entre o que levamos de ano do 2016 xunto co mesmo período do ano 2015, e vemos que o número de denuncias por infraccións de tráfico no ámbito urbano de Ribadeo baixou sensiblemente. Foi aproximadamente un 35%, dado que no período de xaneiro a xuño do ano 2015 foron 451 denuncias e neste mesmo período de 2016 foron 302”.
O rexedor ribadense engadiu que “en canto ao domicilio dos infractores maioritariamente son tanto da provincia de Lugo como de fora da provincia, situándose neste ano nun 62% fronte ao 37% de Ribadeo”.
Fernando Suárez salientou que “a gravidade das multas maioritariamente son leves tendendo a diminuír. O tipo de infracción máis común son os estacionamentos prohibidos sobre todo en liñas amarelas, zonas reservadas para carga e descarga e tamén un número importante de denuncias son por non poñer o tícket na zona ORA. Realmente non é nada caro, pero moitas veces pola comodidade de non ir a polo tícket á máquina, ás veces se xeran multas que non queremos, pero que é inevitable”.
O alcalde tamén relatou que “o tipo de vehículos maioritariamente denunciados son os turismos”. A rúa na que se rexistraron máis infraccións foi Doutor Moreda con 48, seguida de José Vicente Pérez Martínez con 36, a praza de abastos con 36, a praza de España con 31, avenida de Galicia con 22, Rosalía de Castro con 20 ou avenida de Asturias con 19.
Fernando Suárez móstrase satisfeito porque “todas estas cifras están en descenso notable e iso tamén quere dicir que hai unha preocupación da cidadanía e dos condutores de intentar facelo o mellor posible, e isto augura que durante este ano serán moitos menos os infractores. Seguramente repuntará na época estival, como é lóxico aquí e en calquera outro lugar”.
Diante destes datos Fernando Suárez dálles os parabéns aos condutores: “sempre hai excepcións negativas por suposto, pero en xeral intentan facelo mellor día a día. Desde o Concello recadamos menos, pero neste caso non nos importa para nada e estamos satisfeitos de que siga sendo así e de que o número de denuncias siga baixando”.
Das 302 multas tramitadas pola Policía Local 204 foron por infraccións leves, 97 graves e 1 moi grave. 182 multas foron impostas por estacionamentos prohibidos en xeral como zonas reservadas, prohibidas, liñas amarelas… 108 por estacionamentos en zonas reguladas con disco horario, 3 por condución neglixente e 2 por conducir utilizando o teléfono móbil.





















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



