Ribadeo, 15 de xuño de 2016.- O alcalde, Fernando Suárez, cualifica de pouco elegantes as declaracións efectuadas o pasado martes polo rexedor de Barreiros, ao que acusa de ter un problema grande de protagonismo e ao que lle pide que deixe de preocuparse por Ribadeo e pola praia de As Catedrais. O rexedor ribadense demándalle a Fuente Parga que conteste aos escritos remitidos desde Ribadeo por mor dos lixiviados ao Río Grande, que se rexistran en Barreiros e que lle afectan ao concello ribadense.
Fernando Suárez referiuse ás declaracións de Alfonso Fuente cualificándoas de “pouco elegantes e desagradables estas declaracións que fan munícipes de concellos veciños, como neste caso desde Barreiros, cando terían que atender aos seus problemas porque problemas témolos todos en todos os sitios, pero desde logo estas actitudes son ben pouco elegantes”.
O rexedor ribadense cre que Alfonso Fuente “ten un problema grande de protagonismo e gustaríame que deixara de preocuparse polas Catedrais, porque están en Ribadeo, e por Ribadeo en si como concello”.
Fernando Suárez pídelle que “mire polos verquidos de lixiviados que se levan producindo no seu concello e que levan afectando e preocupándonos á captación dese mesmo río Grande, pero xa aquí no termo municipal de Ribadeo”.
O alcalde de Ribadeo recoméndalle que “atenda e que se centre no seu concello e nas súas xentes, por certo excelentes todas elas, e que tire leccións do urbanismo salvaxe e depredador que alimentou nos anos pasados do que agora só quedan esqueletos de edificios moribundos que ninguén rematará, vivendas que se venden como nunha feira como quen di ao peso, e unha articulación urbana absolutamente inexistente”.
Suárez Barcia considera que “Barreiros foi un concello de postal desde logo para ben, cunhas potencialidades agroturísticas formidables e hoxe en día é o paradigma da pésima xestión municipal e da crise económica e social que estamos a vivir todos”.
Finalmente o alcalde ribadense dixo: “sen ánimo de polémicas que non pretendo, e desde outro concello veciño e amigo suxírolle que se centre en tentar arranxar todo iso. Que conteste aos escritos que lle levamos reiterando desde Ribadeo por mor dos lixiviados ao río Grande no seu concello porque despois xunto coa pasividade da Xunta, temos que sufrilo todo isto nós”.



















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



