A Pastoriza, 15 de xuño de 2016.- A candidata socialista ao Congreso, Margarita Pérez Herraiz defendeu este mércores implicarse co sector lácteo galego “xa que é vital para toda a provincia de Lugo”. Nunha mesa sectorial, celebrada en Pastoriza, sobre a situación do lácteo da provincia, demandou que se cumpra o Acordo lácteo. Criticou que o PP non saiba aproveitar as oportunidades deste sector, apoiando máis decididamente aos produtores. Denunciou a falla de implicación do PP co sector primario, e advertiu da falla de propostas e solucións dos Gobernos do PP coas problemáticas deste grupo.
Pérez Herraiz remarcou que rexistrou unha petición de Comisión de estudo do sector lácteo co fin de atopar medidas estruturais con solucións para este sector a medio prazo.
A candidata socialista ao Congreso demandou que se defina “un prezo sostible para cada eslavón da cadea de valor, e que se publiquen os prezos ao que se compra o leite”, tanto da industria como da distribución. Solicita que se publique un novo contrato tipo co fin de establecer baremos de calidades iguais para todas as industrias, e que se cree a figura obrigatoria do Mediador, con fin de que sirva para resolver os posibles desacordos entre e gandeiros e industria. Advertiu ademais que o Acordo para a sostenibilidade do sector lácteo, acadado en Galicia, incluía unha serie de medidas “pero a dia de hoxe, seguen sen cumprirse”.
O PSOE tamén defende os intereses dos galegos en Madrid
Advertiu que ademais rexistrou diversas propostas no Congreso “pero non saíron adiante, porque Podemos impediu que Pedro Sánchez fóra Presidente do Goberno”. Por iso insistiu “non é verdade que só os partidos nacionalistas defendan a Galicia en Madrid. O PSOE tamén defende os intereses dos galegos en Madrid, sempre o fixo, e sempre o fará”.
Sobre o futuro do lácteo galego non se pode improvisar
O Alcalde socialista, Primitivo Iglesias, explicou que o sector lácteo é fundamental para a economía da provincia de Lugo. Sobre o futuro do lácteo galego dixo que non se pode improvisar. “Hoxe os nosos gandeiros viven unha problemática moi seria. Por iso todas as administracións, tanto autonómica, a central e a europea, teñen que poñer solucións enriba da mesa, porque senón corremos o risco de que desapareza o noso rural, e con elo as nosas granxas”. Remarcou que a actual situación de abandono do rural galego “pode ser a puntilla final para concellos como o de Pastoriza, por iso hai que tomalo en serio, e debe ser un asunto prioritario de todas as administracións”.
Leite entre 18 e 24 céntimos por litro, por debaixo dos custos de produción
O voceiro socialista de Medio Rural no Parlamento de Galicia, denunciou que preto de 2.000 agricultores galegos vense forzados a vender o seu leite entre 18 e 24 céntimos por litro, por debaixo dos custos de produción. Subliñou que é necesario un Plan de Inspeccións nas superficies comerciais e de control das importacións do sector lácteo. García considerou “incomprensible” que o goberno galego “continúe un ano despois sen tomar ningunha decisión nin aplicar ningunha política fronte á desaparición do sistema de cotas”.
Total abandono do rural en Galicia
Roman Santalla, secretario de gandeiria da UPA, asegurou que a situación económica do sector lácteo é grave, os precios da carne son os de fai 30 anos, e o sector cunícola está en quebra. Sobre este sector anunciou que este venres, día 17, manifestaranse en Madrid, ante a alarmante situación dos produtores. Por último cualificou de “total abandono a situación do rural en Galicia”. E demandou axudas das administracións para os agricultores polos estragos da fauna salvaxe.



















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



