Lugo, 16 de xuño de 2016.- As asociacións Mariña Patrimonio, Cultura do País e ADEGA realizarán este sábado, 18 de xuño, unha performance no adarve da Muralla de Lugo que consistirá en plantar sobre o monumento romano un total de 56 eucaliptos. A idea é chamar a atención sobre a desaparición e agresión de centos de elementos patrimoniais arqueolóxicos que se están a producir no país por mor dos labores forestais, nomeadamente relacionados coa industria do eucalipto. As tres organizacións plantarán un eucalipto por cada unha das denuncias presentadas na Xunta de Galicia nos últimos meses por casos de agresión ao patrimonio arqueolóxico por causa de repoboacións, cortas, apertura de pistas forestais, etc.
Tamén se chamará a atención ás administracións, nomeadamente á autonómica e aos concellos, para que promovan unha planificación territorial e forestal na que o patrimonio arqueolóxico de Galicia se poida conservar a salvo para preservar o seu valor histórico, científico e cultural.
A actividade terá lugar este sábado de Arde Lucus, ás 13.00h no adarve da muralla, no tramo entre a Porta Miñá (Tinería) e a Porta do Bispo Odoario ou do Hospital. Mariñapatrimonio, Cultura do País e ADEGA convidan ás veciñas e aos veciños de Lugo a participar neste acto reivindicativo converténdose por un intre en axentes da industria do eucalipto que, como bos destrutores do patrimonio, plantarán esta especie na Muralla ao berro de “ningún xacemento galego sen eucaliptos”. Por suposto, esta plantación non contará co permiso da Dirección Xeral de Patrimonio, como tampouco o fan a meirande parte das que se están a desenvolver no país sobre mámoas, castros, xacementos paleolíticos, medievais, etc.
Tras este acto simbólico, haberá un xantar de confraternidade no Lar de Cultura do País, e para rematar a xornada, realizaremos unha visita guiada a Adai para coñecer o seu impresionante patrimonio arqueolóxico. As persoas que desexen participar no xantar e/ou na visita guiada, deberán anotarse enculturadopais@gmail.com ou mr.patrimonio@gmail.com ou no tfn. 619 553 236 (Miguel).























A celebración está organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e conta co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.



