Ribadeo, 16 de xuño de 2016.- ACISA Ribadeo organiza unha charla coloquio sobre a información que todo emprendedor necesita saber para proceder á apertura e xestión dun pequeno negocio. Está dirixida a autónomos, pequenas empresas ou comunidades de bens xa existentes ou que queiran iniciar unha actividade. Será impartida por Antonio Vicente Fernández, avogado e profesor do Instituto de Empresa. Terá lugar o mércores da próxima semana, día 22 de xuño, no salón de actos da Casa Sindical a partir das 20:30 horas.
O poñente, Antonio Vicente Fernández, comenta que “la idea es explicar básicamente las consideraciones que hay que tener en cuenta antes de dar el sí o de dar el no. Cuánto debe ser lo que hay que invertir, cuándo hay que considerar la oportunidad, hablar de la competencia, de la posible clientela o de cómo voy a vender. Todas las consideraciones previas a lo que es la decisión de montar o no montar un negocio. Todo lo que debemos considerar, lo que debemos saber”.
Antonio Vicente Fernández engade que “luego una vez montado nuestro negocio es necesario saber básicamente las relaciones que tiene que tener un negocio, las que tenemos que considerar a priori, que son básicamente con Hacienda, con la Seguridad Social y con otros organismos, es decir saber básicamente antes de ponerlo en funcionamiento cómo vamos a tener que actuar cuando funcione. Ese es el fondo de la charla”.
Antonio Vicente Fernández considera que “los mayores errores yo creo que se cometen son el no saber cómo se van a pagar los gastos que se realizaron o que son necesarios. Siempre se calcula qué vamos a vender tanto para pagar nuestros gastos, porque los gastos los sabemos a priori y no hay ningún problema, pero muchas veces nos fallan los ingresos por no habernos fijado en la competencia o por no tener los pies en el suelo, por no ser suficientemente realistas”.
Para Antonio Vicente Fernández “a veces montamos negocios con ciertas alegrías. Si vemos que un local que albergó un negocio anterior ha fallado no preguntamos con suficiente profundidad porqué ha fallado sino que hacemos voluntarismo y creemos que lo nuestro va a ir. Muchas veces no hacemos un estudio de mercado suficiente, por lo menos hay que tener en cuenta lo que hay alrededor”.






















A celebración está organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e conta co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.



