Lugo, 16 de xuño de 2016.– A candidata por Lugo ao congreso de BNG-NÓS, Olalla Rodil, explicou as medidas de apoio ao comercio local e ás persoas autoempregadas, sector vital pola súa capacidade para xerar emprego, pero tamén pola capacidade para articular a vida dos barrios, nas parroquias e no país. “Non ten sentido nin é xusto que paguen 300 euros mensuais aínda cando haxa veces que non ingresen nin esa cantidade ao mes”, alegou Rodil e, para os autónomos e autónomas habituais no comercio local, propón suprimir a taxa fixa mínima de 300 euros mensuais de impostos para que pasen a tributar en función dos seus ingresos.
Entre as medidas concretas do BNG-NÓS-Candidatura Galega, reducir impostos ao pequeno comercio e pasar do 25 ao 10% o Imposto de sociedades para todas as empresas con menos de cinco traballadores e cunha facturación inferior aos 2 millóns de euros anuais. “As grandes empresas e multinacionais en cambio, pagan porcentaxes ínfimos moi inferiores ao 25% usando mecanismos de evasión como as Sicavs, que propoñemos suprimir”, explica a candidata.
O BNG – NÓS-Candidatura Galega propón modificar a lei de comercio aprobada polo PP, que liberaliza os horarios comerciais. Acabar coa “barra libre” dos horarios comerciais que pon en perigo o comercio de proximidade e empeora as condicións de traballo, concluíu Olalla Rodil.
Igualmente, medidas para favorecer o acceso ao crédito do pequeno comercio que ten dificultades para financiarse, -”sobre todo despois de que nos quedásemos sen caixas de aforro galegas”-. Neste sentido, o BNG propón liñas de avais públicas que se xestione a través do IGAPE ou entidades similares que faciliten o acceso ao crédito en boas condicións.




















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



