Barreiros, 21 de xuño de 2016.- Estes días da comezo a segunda fase das obras de acondicionamento da LU-133 ao seu paso por Vilamar, en Barreiros. Trátase do treito comprendido entre o quilómetro 4 e a rotonda que enlaza coa estrada que vai a Trabada.
O alcalde, Alfonso Fuente, relatou que “en Barreiros estamos outra vez de noraboa. Viñamos anunciando no seu momento cando se fixo o aglomerado da estrada LU-133 que vai dende Vilamar e pasa por Cabarcos, o arranxo deses primeiros catro quilómetros que se fixeron ao longo do ano pasado preparándose as cunetas e todo en formigón. Quedábanos como eu xa anunciara, e xa lle pedira así á Xunta de Galicia, a segunda fase. Vaise iniciar a devandita fase co aglomerado desde o quilómetro catro ata a rotonda que une coa estrada que sube a Trabada”.
O rexedor sinalou que “era algo que tíñamos aí pendente de facer e que se vai iniciar nestes días, o que é o aglomerado. Quedará para máis adiante ir arranxando as cunetas, pero a capa de rodaxe vaise facer toda nova”.
Fuente Parga salientou que “é un feito facer esta segunda fase na estrada LU-133 e facer este segundo aglomerado que vai deixala lista ata a rotonda dado que moitos veciños da zona de Cabarcos utilizan este viario para baixar ao centro, a San Cosme, ou ben para saír cara a Trabada. É unha estrada que está a ser moi utilizada e tamén agora mesmo con moitos camións que saen do CAVI de Irmandiños. Xa digo é un feito poder facer estas obras en dúas anualidades”.
O alcalde barreirense explicou que “pola contra atopámonos coa estrada da Deputación Provincial que nace tamén en Vilamar e que vai a San Xusto, unha estrada moi transitada por todos os veciños das parroquias da zona de San Xusto, que está nun estado pésimo. Levántase toda a estrada, necesitaba unha rexeneración total, un aglomerado total que ben se podía ter feito en fases como xa teño demandado nalgunha ocasión, pero nin unha primeira fase foron capaces de realizar. Está nun estado moi malo, xa se está levantando o firme da estrada e o que se fai nalgúns casos é un bacheo, que pouco serve”.
Fuente Parga comentou que “os propios veciños ven con asombro como por un lado a Xunta de Galicia está a reparar os seus viarios e ademais con novos aglomerados, e pola contra nunha estrada, que é da Deputación Provincial, que non se actúa nela nin o máis mínimo. É algo que chama moito a atención”.






















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



