NOTA DE PRENSA
Rexistrarán iniciativas con este fin para que poidan ser obxecto de debate polas Corporacións Municipais de todos os concellos da Mariña
ALCALDES E VOCEIROS LOCAIS DO PP PROMOVERÁN UN ACORDO PLENARIO INSTANDO Á CREACIÓN DUNHA AUTORIDADE PORTUARIA PROPIA, E Á CONSIGNACIÓN DOS CARTOS NECESARIOS PARA A APERTURA AO TRÁFICO COMERCIAL DO DIQUE DE MORÁS
* Os populares perseguen que, a través dos distintos acordos municipais, se visualice o apoio dos entes locais ante unha reivindicación histórica da sociedade mariñá
A Mariña, 10 de novembro de 2009.- Despois de que o Ente Público autonómico Portos de Galicia anunciara a disposición favorable do actual Goberno galego para a creación dun novo porto comercial xeral aproveitando o dique de Morás e tamén respecto da creación dunha autoridade portuaria propia para a nosa provincia, os distintos alcaldes e voceiros locais do Partido Popular na nosa comarca promoverán a adopción dun acordo municipal plenario instando ao Goberno central –que é a administración competente- á facer realidade estes obxectivos.
A fórmula escollida para facer efectiva esta reclamación será a través da presentación dunha iniciativa (proposta de alcaldía ou moción municipal) que fará extensible este debate nas distintas Corporacións da comarca. Deste xeito, os populares pretenden poñer de relevo o apoio dos entes locais ante unha reivindicación histórica da sociedade mariñá.
Sobra explicar os efectos altamente positivos que a creación dun novo porto comercial suporía para o conxunto dos concellos da Mariña así como para a situación económica comarcal. Redundaría non só achegando novas oportunidades de emprego e riqueza senón tamén novas empresas que aproveitarían este porto para transportar as súas mercadorías. Se esta infraestrutura ademais pode ser completada coa creación dun ente xestor portuario autónomo exclusivo para a nosa provincia, garantiríamos que os beneficios xerados por este novo porto quedaran na Mariña, e puideran ser investidos na súa totalidade na nosa comarca
O Partido Popular inclúe tamén na súa iniciativa outras peticións: Por unha banda, demandan o Goberno central habilite unha partida orzamentaria específica dentro dos Presupostos Xerais do Estado, en cantidade suficiente para acometer os estudos e trámites administrativos previos á apertura do dique norte de Alcoa. Algo que o Executivo de Zapatero vén negando nos últimos anos.
UNHA ÚLTIMA OPORTUNIDADE PARA O BNG
Tampouco o BNG está a manter unha posición coherente a este respecto xa que, malia que ano tras ano afirma que condicionará o seu apoio aos orzamentos do Goberno central da existencia de consignación orzamentaria para a apertura do novo porto comercial xeral no dique norte de Alcoa, o certo é que sempre remata apoiando as contas de Zapatero, sen que contemplen esta actuación. Os populares queren dar unha nova oportunidade a esta formación política e ao resto dos grupos municipais para que, co seu voto favorable ao acordo que propoñen, poidan evidenciar o seu compromiso con esta reivindicación histórica.
CARA UNHA AUTORIDADE PORTUARIA PROPIA
En segundo lugar, o PP pide que as distintas corporacións municipais asuman como propio o acordo unánime acadado no Parlamento de Galicia e, deste xeito, amosen o seu apoio as tarefas que está a desenvolver a Xunta de Galicia para acadar unha maior representación lucense no seo do Consello de Administración da Autoridade Portuaria Ferrol-San Ciprián, con respecto aos representantes de Lugo e, nomeadamente da Mariña. O novo Goberno de Galicia asumiu este obxectivo despois de que, na pasada lexislatura, nin PSOE nin BNG fixeran nada por levalo á práctica.
Co nomeamento de César Aja, Raquel Árias, Pablo Fernández Asensio ou dos alcaldes de Xove ou Cervo (que xa formaban parte do Consello de Administración e que rotan a súa presenza no organismo con carácter anual) increméntase a representación lucense no seo da Autoridade Portuaria e, máis en concreto, no seu órgano de administración encargado de xestionar os recursos que se ingresan como consecuencia do tráfico portuario tanto nas instalacións de interese xeral de San Ciprián (concesión exclusiva de Alcoa) como no porto de Ferrol. En todo caso, os populares subliñan que avanzar neste camiño –o incremento da representación lucense- non sería máis ca unha medida temporal xa que a pretensión final é moito máis ambiciosa e pasa pola creación dunha autoridade portuaria propia e independente na Mariña.

















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



