Bruxelas, 22 de xuño de 2016.- Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), interviu este mércores en Bruxelas na sesión plenaria do Parlamento Europeo, onde se debateu unha Proposta de resolución sobre as masacres na zona oriental da República Democrática do Congo. Senra, que interviu en nome do GUE/NGL neste debate, pediu na súa quenda de palabra que a Unión Europea investigue os lazos existentes entre as grandes empresas multinacionais explotadoras dos recursos naturais do Congo e o financiamento de grupos armados que actúan nesta zona.
“A Unión Europea deberá poñer en marcha unha investigación independente sobre o papel das multinacionais europeas na vulneración dos dereitos sociais e ambientais e dos seus lazos co financiamento de grupos armados para poder seguir coa explotación do subsolo congolés”, reclamou a eurodeputada galega. En concreto, Lídia Senra referiuse na súa intervención aos datos aportados por Ibrahim Thiaw, director executivo adxunto do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUE), quen declarou en 2015 que máis de mil millóns de dólares son explotados anualmente en recursos naturais no Congo e o 98% dos beneficios das explotación van a mans de grupos internacionais e o 2% restante alimenta a grupos armados internos.
A representante de AGEe reclamou así mesmo que a Unión Europea debe garantir a non inxerencia e a soberanía da República Democrática do Congo e que a poboación poida beneficiarse do seus recursos naturais, para o que defendeu como necesario “instaurar o control da actividade das multinacionais, mediante a revisión e derrogación de todos os contratos mineiros e forestais”.
“O respecto ao dereito da República Democrática do Congo á soberanía alimentaria e a anulación da débeda, son tamén, segundo Lídia Senra “medidas imprescindibles para dar resposta ás necesidades básicas e urxentes da poboación”.
Lídia Senra manifestou ademais o seu apoio ás solucións políticas e pacíficas dos conflictos, xa que, dixo, “as solucións militares acarrean máis morte, máis dor e máis violencia á poboación”. Neste sentido, amosou a súa preocupación polo reforzo do Mando Militar de Estados Unidos en África (Africom) e do seu papel desestabilizador en distintos países, tamén na República Democrática do Congo, e pediu en nome de AGEe o desmantelamento e a retirada do Africom.
A Proposta de resolución debatida hoxe no pleno do Parlamento Europeo será votada este xoves pola mañá na sesión plenaria en Bruxelas.
Segundo a Oficina de Coordinación de Asuntos Humanitarios (OCAH), a 31 de xullo de 2015 había case 1.500.000 persoas desprazadas dentro do país, é dicir, o 7% da poboación total da nación; e continúan vivindo no exilio máis de 400.000 persoas refuxiadas congoleñas, situación que é especialmente grave nas provincias de Kivu do Norte e Kivu do Sur, na zona oriental do país.
Desde principios de 2016, a violencia volveu aumentar. De feito, 17 persoas foron asasinadas con arma branca en maio no pobo de Eringeti, a 60 quilómetros ao noroeste de Beni e a 200 metros de dous campos da Misión de Estabilización das Nacións Unidas na República Democrática do Congo (Monusco). As masacres na rexión de Beni provocaron un cento de mortas e mortos entre febreiro e maio de 2016.




















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



