Burela, 22 de xuño de 2016.- Para clausurar o curso, na mañá desate mércores tivo lugar na biblioteca do IES Perdouro a Festa das palabras e das letras, o acto anual de presentación da revista escolar “Maruxía” da Asociación Cultural Os Matos. Asistiron ao acto Santiago Pérez Docobo, director do centro educativo; Antón Niñe, Presidente da A.C. Os Matos e Miruca Parga, coordinadora do EDLG.
Antón Niñe, presente da AC Os Matos, abriu o acto con sentimento de ledicia explicando aos asistentes que “a presentación dun novo exemplar da nosa revista é o momento moi esperado pola satisfacción que nos produce e porque sabemos que nos mantemos fieis no obxetivo iniciado hai máis de dúas décadas, ser un medio de expresión da comunidade educativa do IES Perdouro. ” Un ano máis, os principais responsables da elaboración dos contidos da revista foron alumnos de ESO, de bacharelato e docentes do centro. Na lectura das súas páxinas poderemos darnos conta do latexar da vida do instituto cunha variedade de artigos e entrevistas que nos informa do acontecer do curso que agora termina. Pola súa banda, Miruca Parga explicou como traballou co seu alumnado de 1º de bacharelato de Tecnoloxía da Información e da Comunicación para a redacción e maquetación da revista que se publica anualmente no centro dende fai 22 anos. A publicación que recolle unha mostra das actividades e traballos realizados no centro durante o curso académico, está editada polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística e pola Asociación Cultural “Os Matos”.























A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



