Lugo, 23 de xuño de 2016. – A candidata por Lugo ao congreso de BNG-NÓS, Olalla Rodil, participou esta mañá nun acto simbólico, no día das fogueiras, no que se queimaron “os símbolos do imperialismo que negan aos pobos”. Olalla Rodil sinalou que o BNG – Nós Candidatura Galega aposta por combater as políticas conducentes a eliminar a identidade dos pobos e a impoñer a economía das grandes transnacionais sobre as economías locais.
Rodil explicou efectivizamos a queima das siglas da OTAN e do TTIP por que “son o símbolo das imposicións imperialistas que van contra as persoas como é o caso que estamos a ver das persoas refuxiadas. Rodil sinalou que “dende o BNG sempre combatemos o imperialismo e a nosa presenza nas insititucións do estado servirá para apoiar as políticas que nos afasten do sometemento ao que se nos aboca”.
A candidata por Lugo ao congreso sinalou que “nós apostamos pola relación pacifica entre pobos libres e somos consecuentes co que dicimos e cos nosos platexamentos á hora da conformacións das listas electorais e da elaboración dos nosos programas”.
Olalla Rodil tamén se manifestou contraria aos tratados do TTIP que pretenden asinar a comisión europea e os EEUU “un tratado que se está a negociar con total escurantismo e que, se ser efectivizado, afectará gravemente aos nosos sectores produtivos” dixo Rodil e engadiu que “defendemos relacións comerciais entre iguais e respetando sempre a soberanía dos pobos”.




















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



