Lugo, 27 de xuño de 2016.- O Grupo do BNG na Deputación de Lugo vai votar en contra destes orzamentos. Vaino facer non só por partes do seu contido que non podemos aceptar, senón tamén polo significado político, ético e ata moral que significa o acordo ao que se chegou para “consensuar” estas propostas.
Son tres os bloques de razóns que nos levan a tomar esta decisión
1. Ninguneo ao BNG
En primeiro lugar, este é un acordo feito a escondidas, de costas ao BNG, un acordo feito entre o Presidente da Deputación e a portavoz dun grupo político, odo PP.
Un acordo onde en ningún momento se consultou ao BNG para chegar a el. Máis ben ao contrario, sabíase perfectamente cal era a nosa posición nalgúns dos puntos que contén, puntos que foran anteriormente sobradamente debatidas e onde a nosa posición fora manifestada ata a saciedade.
Aínda así, seguiuse cara adiante, asinando o devandito acordo e convocando de forma unilateral este pleno, inicialmente para celebrar o pasado xoves, agora trasladado a hoxe mesmo.
Nós sempre manifestamos que a situación política xerada nesta institución deixaba ao goberno en minoría. Hai agora un ano produciuse unha “perturbación” que nós consideramos totalmente antidemocrática que provocou esa minoría e como legalmente non hai nada que se poida facer, teríamos que asumila e actuar en consecuencia.
Con ese escenario no Pleno, resulta obrigado falar co grupo da oposición. Non hai máis remedio. É obriga chegar a acordos se queremos levar adiante as accións de goberno que a provincia tanto necesita con tanta urxencia.
Ata o de agora, iso non foi posíbel, entre outros moitos motivos, porque dende o grupo do PP estiveron máis preocupados por asentar as súas maiorías internas, facer política para gañar as súas propias batallas,que por cales ían ser as consecuencias para as persoas desta provincia as súas actuacións.
Pero unha cousa é negociar, unha cousa é chegar a acordos coa oposición e outra cousa moi distinta é permitir é que se “ningunee” ao BNG. Non estamos a referirnos aos deputados do grupo do BNG, non. Estamos a referirnos aos máis de 26.000 votos obtidos pola nosa organizaciónnas eleccións municipais, un de cada tres votos do actual equipo de goberno é aportado polo BNG, votosque nos puxeron nesta institución para defender con dignidade a vontade de todos esaspersoas que confiaron en nós e que, dende logo, non estamos dispostos a traizoar.
As nosas posicións son tan dignas coma as de calquera e, sobre todo, son tan lexítimas. Poderase estar de acordo ou non con elas, pero son democráticas e respectábeis. E, todo caso, é vontade dos demais grupos estar de acordo con elas ou non, aceptalas ou rexeitalas.
O feito de que o Presidente da Deputación chegue a un acordo, o asine e o ratifique, co Partido Popular a costa do seu socio de goberno, sen informalo nin consultalo é razón de por si suficiente para romper calquera acordo e, cando menos, para romper calquera relación de confianza.
O voto favorábel a un acordo dese tipo faise practicamente imposíbel nesa situación.
2. Reparto de cartos
En segundo lugar está, aparte da forma,está o propio contido do acordo. Deixando aparte algunha cuestión menor que non tería maior problema, a propia filosofía do acordo resulta completamente inaceptábel para o BNG.
E un acordo baseado en prebendas e en pago de favores. É un acordo baseado no reparto de cantidades inxentes de cartos para concellos concretos dunhas cores determinadas ou cunhas características moi escollidas.
Primeiro, e antes de ningunha outra cuestión, resérvanse os cartos para os concellos do PP que foron beneficiados pola lotería que a señora Candia repartiu entre os “seus” antes de deixar o goberno.
A continuación, págase a chantaxe que corresponde ao Deputado que foi expulsado do seu grupo e que agora lle da ese poder ao PP, preto de 6 millóns de euros, de momento, que van para a un só concello de 3.000 habitantes. 6 millóns de euros gastados única e exclusivamente para que a señor Candia poida seguir a ter os seus caprichos e obter as súas vinganzas, 6 millóns de euros para que, xa que non é presidenta, poida mandar na deputación dende a oposición coma se o fora. Que o señor Darío asine o que a señora Candia ordena é o obxectivo final e é o que a está a piques de conseguir.
Os meus concellos, os meus convenios, a miña residencia, … foron expresións e palabras que se usaron de xeito continuado en todos estes meses que se estiveron a falar dos orzamentos. Nunca se tiveron en conta os intereses do conxunto de veciños e veciñas, nunca lles preocupou á provincia no seu conxunto, os obxectivos a medio ou longo prazo. A política clientelar e caciquil, o rédito electoral a curto prazo é o único que os move. O ben común e a prosperidade da provincia en xeral impórtalles un comino.
Logo, co que queda, despois de deixar ben alixeiradas as arcas da Deputación con ese reparto para uns cantos concellos, ao PP éntralle un ataque de obxectividade e decide que os cartos sobrantesse repartan de forma obxectiva. O POS, o SAF ou os plans de emprego para os concellos son bos exemplos. Unha filosofía de reparto perfectamente aceptábel, senón fora que primeiro se gastaron os cartos de forma sectaria para uns cantos.
Dese xeito os concellos “beneficiados” coa primeira lotería da que falábamos antes, volven a ser “agraciados” con esta segunda, levando así o premio dúas veces: primeiro polo reparto subxectivo e sectario e logo poloreparto obxectivo. O negocio é redondo para eles. O problema esta que para que iso ocorra, outros concello teñen que quedar con moito menos do que lles correspondería en función das súas características e necesidades.
3. Poder gobernar
Por último, e non menos importante, está o feito de que con este acordo non se garante que o esta institución teña unhas mínimas regras de funcionamento que normalice a convivencia.
– Normas de funcionamento consensuadas ao longo do tempo
– Regulamentos da metade do Pleno
– Uso das perturbacións antidemocráticas
– Non sería determinante o BNG nesa negociación de regulamento



















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



