Lugo, 29 de xuño de 2016.- A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio pon en marcha este venres as medidas de protección da praia das Catedrais para o verán, reforzando o persoal e regulando o acceso co fin de preservar e conservar o espazo natural e fomentar un turismo sostible.
A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, lembrou hoxe que estas medidas estarán en vigor ata o 30 de setembro e dan continuidade ao Plan de conservación do monumento natural que se aprobou en xuño do ano pasado. O plan establece unha afluencia máxima ao areal de 4.812 persoas diarias en tempada alta aínda que poden visitarse libremente as demais áreas habilitadas para o uso público: sendeiro, miradoiro e área de descanso.
Arias sinalou que a limitación “permite dar solución aos problemas de saturación do espazo e mellora a percepción dos visitantes do monumento natural” e destacou que “existen diversas vías para conseguir a autorización e todas son instantáneas e sinxelas”.
A autorización para o acceso á zona do areal conséguese de xeito telemático, na páxina web habilitada para este fin: https://ascatedrais.xunta.es. A reserva pode realizarse cun máximo de 30 días de antelación á data prevista de visita. Unha mesma persoa pode solicitar autorización para un máximo de 30 visitantes.
Ademais de esta autorización vía web, poden ter acceso automático ao areal os usuarios dos trens turísticos habilitados por Turismo de Galicia e Renfe, os do autobús que fai a liña entre Ribadeo e As Catedrais, e os dos taxis de Ribadeo. Tamén se reservan pases nos establecementos hoteleiros desta última localidade e nas oficinas de turismo.
Xunto coa autorización é posible reservar unha visita guiada polo monumento, xa que a Xunta pon a disposición dos usuarios un servizo de guía e divulgación ambiental. Dúas persoas encargaranse das visitas guiadas ofrecendo información sobre os valores ambientais, fauna, flora e xeoloxía. Estas visitas realízanse para un grupo de 25 persoas, cunha duración aproximada de 30 minutos.
Igualmente, a Xunta reforza o persoal de apoio no monumento natural, destinando traballadores a actuacións de ordenación do uso público e de información das áreas de aparcamento. Este persoal resolverá, entre outras cuestións, calquera dúbida que poida xurdir en relación cos pases de acceso.
O sistema xa funcionou o verán pasado, no que se recibiron preto de 240.000 visitantes. Dentro dos tres meses no que estivo vixente, a cota de 4.812 visitantes só se completou en 14 días, todos eles en agosto. Tamén estivo operativo durante a pasada Semana Santa.
Raquel Arias lembrou que dende que se puxo en macha o Plan de conservación “conseguíronse distintos avances como habilitar un sendeiro para evitar que os visitantes empregaran a estrada; colocar bolardos; instalar sinais de perigo; ou poñer valados nos puntos de maior perigo”. En total, o investimento nestas actuacións ascendeu a 130.000 euros, aos que se suma o orzamento para o persoal destinado no monumento nos períodos de elevada demanda (Semana Santa e época estival).
A praia das Catedrais é o reclamo principal dunha zona excepcional con moitos atractivos que ofrecer aos visitantes, xa que o monumento intégrase nunha Zona de Especial Conservación (ZEC) e na área núcleo da Reserva da biosfera do Río Eo, Oscos e Terra de Burón. Ademais, está catalogada como Punto de Interese Xeolóxico (PIX).




















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



