Ribadeo, 30 de xuño de 2016. Acisa presentou este xoves o seu vaso para o Ribadeo Indiano. Serán 6.000 as pezas que se atoparán distribuídas nos bares, mesóns e restaurantes asociados durante a terceira festa indiana, que terá lugar do 8 ao 10 de xullo.
O presidente de Acisa, David Martínez, explica que “a idea de crear un vaso de plástico coa imaxe oficial do Ribadeo Indiano xorde da experiencia en edicións anteriores, e co obxectivo de cumprir coa normativa vixente respecto da presenza de vasos de cristal na rúa e para evitar roturas e cortes indesexados”.
Martínez engade que “para contribuír a dar a mellor imaxe do Ribadeo Indiano decidimos levar a cabo esta iniciativa. Esta festa desenvólvese en gran medida na rúa, nas terrazas dos locais de hostalería, nas prazas? e que mellor que contar con vasos de plástico, así os poderemos levar comodamente dun lugar a outro e logo depositarémolos nos colectores ou papeleiras que nos atopemos pola rúa. Queremos gañar en seguridade, en limpeza e en darlle a entidade que se merece á terceira edición da festa indiana, que se celebrará dentro duns días”.
David Martínez, o presidente de Acisa, presentou o vaso do Ribadeo Indiano, xunto a Ramón Loredo, membro da directiva da asociación. O marco elixido foi o parque de San Francisco.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



