Foz, 1 de xullo de 2016. O Concello de Foz aprobou no pleno da corporación celebrado este xoves o investimento de 1.100.000 euros procedente do remanente do pasado exercicio. Destinarase a asuntos como as obras de mellora no pavillón municipal de Marzán e a un inventario de camiños públicos. Este asunto saíu adiante na sesión grazas aos votos favorables dos concelleiros do PP e á abstención do BNG e pese aos pronunciamentos en contra de PSOE e FPF.
O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, salientou que nese pleno “o asunto máis importante era aprobar o gasto de cerca de 1.100.000 euros a cargo do remanente, do superávit do exercicio do 2015. Estamos contentos porque saíu adiante co voto de calidade do alcalde, grazas tamén á abstención do BNG e a pesar dos votos en contra de Plataforma e o Partido Socialista, que novamente volveron unirse para intentar bloquear asuntos importantes do Concello de Foz, pero neste caso ao faltarlles un concelleiro non foi posible ese bloqueo e saíu adiante esa aprobación de gasto”.
Javier Castiñeira detallou que “isto vainos permitir levar a cabo importantísimos investimentos para o Concello de Foz como é a reforma do pavillón municipal, á que se da crédito con máis de 600.000 euros; vai permitir pagar facturas de exercicios anteriores por máis de 415.000 euros e outras inversións tamén interesantes para Fazouro como é arranxar a pista deportiva de San Salvador”.
O rexedor engadiu que “vainos permitir tamén adaptar ben os postos de traballo da RPT, que a día de hoxe non están correctamente, tal como nos pediron os traballadores; un inventario de camiños públicos e ademais o pago de intereses de demora. Xa se pagaron 350.000 euros, devolvéronse por sentenza xudicial a un solicitante de licencias e agora hai que pagar os intereses de demora, neste caso cerca de 50.000 euros, que tamén van a cargo do remanente”.
Castiñeira asegura que “ao final o pobo sabe quen está remando a favor das cousas importantes do pobo e quen está facendo política doutras épocas, ao claro estilo Unifoz, herdado tanto por Plataforma como por Partido Socialista. Eu entendo que os veciños daranse conta e verase, como está pasando nestas últimas eleccións, como caen os votos precisamente por actitudes como a de onte, de ir en contra de gastos e investimentos positivos para o noso Concello por máis de 1.100.000 euros. Ao Partido Socialista xa lle pasou no seu momento cos orzamentos municipais, que votou en contra, e a Plataforma non fai máis que remar por onde marca o Partido Socialista, un partido que viña a liderar a independencia e os proxectos para Foz e que a día de hoxe está sumido nun maremágnum de incongruencias. Agora súmanse ás Mareas, que fracasaron en Foz nestas últimas eleccións, apoian ao Partido Socialista en todas as súas mocións; e, polo tanto, incongruencia e incoherencia por parte da Plataforma que ao final a levará, como todos sabemos, ao fracaso”.






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



