Mondoñedo 2 de xullo de 2016.- O Concello de Mondoñedo trasladará o centro de Interpretación do Camiño Norte ao centro cultural Alcántara. A alcaldesa, a popular Elena Candia, avanzou que o Xacobeo vén de adxudicar o proxecto para o cambio de ubicación deste servizo e salientou que deste xeito “o centro estará nun entorno máis próximo aos peregrinos ao estar ao lado do albergue municipal”.
Candia avanzou que a empresa adxudicataria estivo este venres na cidade mindoniense para coñecer as instalacións e presentar o resultado do proxecto “para comezar o traslado canto antes”. O plan, que conta cunha inversión de 40.000 euros, consistirá en “artellar un novo guión expositivo que combine o contido actual do Centro Cultural de Alcántara, no que se fai unha homenaxe aos mindonienses ilustres, coa riqueza cultural do Camiño de Santiago na contorna de Mondoñedo”. A alcaldesa indicou que por este motivo para o traslado teranse en conta “os medios expositivos xa existentes en ambos edificios para intentar relatar dúas liñas de lectura complementarias”.
Deste xeito, o novo centro respectará os medios expositivos de Alcántara que están incrustados nas paredes na antiga igrexa, como os andéis relacionados cos ilustres nados na vila de Mondoñedo, como son Antonio Noriega Varela, José Pacho, Pascual Veiga, Leiras Pulpeiro e Álvaro Cunqueiro. En cambio, os medios expositivos dispostos no corredor central, relacionados coa imprenta e o patrimonio musical, si poden distribuírse doutro xeito para gañar este espazo e colocar nel o contido do Centro de Interpretación do Camiño de Santiago.
Candia precisou que “o novo servizo contará ademais cunha serie de paneis e vídeos sobre o Camiño de Santiago nos que se amosarán non só os aspectos xa tratados nas salas do antigo Centro de Interpretación como son a infraestrutura do Camiño, a paisaxe diversa, as etapas do Camiño, os puntos de interese máis salientables a nivel arquitectónico, e a maqueta interactiva cos vídeos. Tamén se tratarán temas relacionados coa hospitalidade, a simboloxía e os relatos de peregrinos históricos que fixeron o Camiño Primitivo, recentemente galardoado coa máxima distinción da UNESCO, de Patrimonio da Humanidade”.
Importancia para promocionar os municipios
A alcaldesa salienta a vital importancia da posta en marcha deste novo Centro de Interpretación do Camiño Norte no Concello de Mondoñedo. Indicou que “estes espazos pretenden atender a peregrinos, visitantes e ao público en xeral para darlles unha visión de conxunto das características e valores do Camiño ao tempo que serven para promocionar os municipios polos que pasa ao informar de todo o relacionado con estos lugares e os seus arredores”.





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



