Ribadeo, 6 de xullo de 2016. Todo está listo para a celebración do III Ribadeo Indiano, que neste 2016 se espalla a outros puntos do concello e da vila como Rinlo, A Devesa, Porcillán, a Praza de Abaixo ou a praza de abastos. O Concello está a habilitar tres aparcamentos provisionais para acoller aos milleiros de persoas que estes días se achegarán a gozar da festa indiana. O alcalde, Fernando Suárez, e o presidente de Acisa, David Martínez, presentaron o evento este mércores.
O alcalde dixo que “estamos con todo a punto xa, preparando o que resta nestas últimas horas antes desta nova edición do Ribadeo Indiano, un invento por así dicilo, que vai para tres anos o Concello e a Asociación de Comerciantes inventamos isto para Ribadeo, sen ter nada que inventar, porque o legado da emigración, o pasado emigrante de moita da nosa xente deste país de emigrantes, que é Galicia, e Ribadeo tamén tivo unha influencia especial en América, en países coma Cuba, Arxentina, Uruguay ou Venezuela. Isto fixo que quixeramos facerlle unha homenaxe a toda esta xente que no seu momento, por desgraza, se tivo que ir cunha maleta de cartón, aínda que hoxe en día se seguen indo, non con maletas de cartón, senón con títulos, con graos e con formación académica. Pero o que queremos poñer de manifesto é o positivo de todo isto, porque negativo hai dabondo”.
Suárez Barcia subliñou que “queremos poñer en valor o positivo. Todas as remesas económicas que os emigrantes de ultramar mandaron, todo o altruísmo que moitos deles, sobre todo os que triunfaron, mandaron facer edificios, edificacións públicas… Aí temos o centro de capacitación agraria Pedro Murias, a praza de abastos, o cemiterio municipal, diferentes escolas polas parroquias adiante”.
O rexedor ribadense engadiu que “polo tanto como o ano pasado e o anterior foron un absoluto éxito, pois contamos que este ano sexa tamén un éxito, faga sol ou non faga tanto sol, estamos convencidos de que toda a xente de Ribadeo, homes, mulleres, nenos, nenas, persoas maiores, todos temos algo que nos une neste Ribadeo Indiano.
Todos temos un oco onde pasalo ben polos bares, polos comercios, polas tantas actividades que o Concello e Acisa estivemos debullando nos últimos meses, xincanas, actuacións musicais, visitas guiadas, non só no casco vello de Ribadeo, que é onde se celebran as actividades máis importantes, senón tamén en Rinlo, na Devesa, etc… e estamos convencidos que este venres, o sábado e domingo Ribadeo será un punto de atención, penso que a nivel internacional. Estou convencido diso”.
Suárez Barcia anunciou que “ampliamos e habilitamos tres aparcamentos provisionais para mellorar a oferta de aparcamento público. Hai un deles que estará en Pintor Fierros, moi ben orientado para a xente que chegue desde as parroquias do interior; hai outro deles que estará en Daniel Cortezón, que é un complemento do aparcamento público que xa temos desde hai anos; e tamén hai outro que habilitamos ao final da avenida Rosalía de Castro, onde se sitúan os circos cando veñen. Tamén ampliamos os lugares de actuación dos eventos, haberá en Porcillán, na Praza de Abaixo, na praza de abastos e polo tanto estamos convencidos de que haberá un oco para que elas con pamela ou eles con sombreiros panamá poidamos pasar unha fin de semana autenticamente histórica, emotiva e sobre todo pasándoo moi ben todos”.
Pola súa banda o presidente de Acisa, David Martínez, manifestou que “arrinca xa o Ribadeo Indiano e desde Acisa estamos moi emocionados outro ano máis. Grazas á colaboración do Concello, entre os dous conseguimos facer un grande evento. Tamén hai que agradecer o traballo da xente que cada ano se implica máis. Os ribadenses fixeron unha festa súa, que é deles, e cada vez decoran máis os seus negocios, vístense máis días, saen comer, gozar e conseguimos unha festa de verdade, unha festa de época”.
Martínez sinalou que “é unha festa coma as de antes, nas que se saía pola mañá e se chegaba á casa pola noite. Estábase de viños e gozábase. Eu cre que isto é o bonito desta festa, recrearnos nun pasado que nos gusta e nos identifica, nun pasados dos ribadenses que viaxaron e que volven, que trouxeron ganancias ou non, que gozaron ou non daquilo, pero que trouxeron unha herdanza da que podemos disfrutar agora no presente”.
Entre as novidades o presidente destacou que “teremos máis música, máis eventos, máis cultura. A festa chega a máis sitios, chégase ao porto, á Praza de Abaixo, á praza de abastos, ao parque dos indianos. O evento medra e cada vez estamos en máis sitios. Tamén este ano a decoración chegou a máis puntos. Ribadeo está engalanado xa desde o luns, xa se está a ver desde hai días o que vai ser a fin de semana con toda a decoración”.
David Martínez lembrou que “é importante que a xente saiba que contamos este ano con 6.000 vasos de plástico encargados para esta ocasión, para o Ribadeo Indiano, co obxectivo de que a xente non se corte cos cristais, para que os que poidan levar comodamente dun lugar a outro e para que logo os depositen nos contedores ou papeleiras que atopen por Ribadeo”.
Finalmente o presidente de Acisa animou “a toda a xente das contornas e aos que cheguen desde máis lonxe a que veñan estes tres días a Ribadeo. Se non traen roupa para a ocasión, que non se preocupen porque nas tendas atoparán o que precisan para poder caracterizarse e vivir esta festa como todas e todos os ribadenses. Hai moita expectación e sabemos que os hoteis rexistran xa un bo nivel de ocupación”.





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



