Santiago, 7 de xullo de 2016.- O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, defendeu este xoves no Parlamento o apio a impulsar o deseño dun plan de apoio que facilite que os estaleiros galegos e á industria auxiliar poida participar na renovación da flota de altura, coa construción de novos barcos máis modernos.
Neste sentido, Balseiro lamentou a intransixencia do PSOE que esta mañá bloqueou a posibilidade de chegar a un acordo unánime sobre este asunto na Comisión de Industria do Parlamento galego, ao non aceptar ningunha das propostas realizadas polos populares, entre elas, a votación por puntos.
José Manuel Balseiro insistiu en que, pola tipoloxía dos apoios necesarios, “é moito máis acaído desenvolver este plan con cargo ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e non, como demanda o PSOE, mediante iniciativas do IGAPE e AGAIN”. Este precisamente foi un dos puntos de fricción aos que o PSOE non quixo renunciar e que motivaron o voto en contra dos deputados populares á iniciativa socialista.
APROVEITAR AS MEDIDAS XA EXISTENTES
O portavoz popular tamén insistiu en que “a Xunta debe estudar a mellor formula para conseguir este obxectivo, que pode non ser mediante un plan específico, como pedía o PSOE, senón a través do aproveitamento de medidas que xa están en marcha, como os avais a aquelas empresas que impulsen e participen nos traballos de renovación ou nova construcións das embarcacións”.
Entre os aspectos nos que o Grupo Popular concordaba coa iniciativa socialista por consideralos positivos estaba a posibilidade de que o Goberno galego poida desenvolver en coordinación coa Universidade de Vigo, e as organizacións do sector, distintas medidas de formación, investigación e innovación neste ámbito. Con todo, a negativa do PSOE á votar este punto individualmente impediu finalmente o acordo.
Balseiro insistiu en que “somos partidarios de impulsar todas as medidas que contribúan a modernizar a flota pesqueira galega, en particular a que opera en augas internacionais, e sobre todo cando, como é este caso, son propostas pensadas en beneficiar a Galicia e que xorden de propio sector, pois falamos dunha idea orixinaria dos Armadores de Vigo”.


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



