Valencia acolle esta fin de semana o campionato de España de Tai Jitsu, modalidade deportiva de defensa persoal que pertence a Real Federación Española de Kárate, e ata alí desprazaranse a burelesa de 15 anos de idade Inés Hernández Crego en calidade de campioa de Galicia na categoría Sénior ata cinturón azul e o viveirense de 20 anos Joel Romero Parapar como subcampión de Galicia na categoría Sénior cinturón negro.
A Asociación de Artes Marciales da Mariña, á cal pertencen ambos deportistas, destaca a xuventude e a ilusión coa que parten ambos deportistas cara a cita do calendario deportivo nacional, ambos enfrentaranse a outros deportistas de máis idade e experiencia dentro do tatami, así coma a comunidades autónomas con moita máis tradición e número de licencias neste arte marcial. Cabe destacar que os dous xoves mariñanos representan o presente e o futuro desta disciplina tanto na comarca da Mariña coma en Galicia.
Polo tanto, dende a Asociación de Artes Marciales da Mariña manifestan “o orgullo que nos produce, amosarlles todo o noso apoio e destacar que a experiencia dun campionato de España representando a súa comunidade autónoma é unha oportunidade e unha vivencia única que ambos deben disfrutar e da que extraer unha lectura positiva”.























A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
