A Deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo, presentou este mércores o XII Congreso de SEAE, que por primeira vez acollerá a provincia de Lugo. Terá lugar os días 20, 21, 22 e 23 de setembro no Pazo de Feiras e Congresos da capital luguesa. Nesta presentación, tamén participaron o Concelleiro de Desenvolvemento Sostible de Lugo, Daniel Piñeiro Villares; a Directora Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Xunta de Galicia, Belén do Campo Piñeiro; o Vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Javier Bueno Lema; o Presidente de Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA), José Antonio Fernández Álvarez, e a Presidenta da Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica (SEA), Dolores Raigón Jiménez.
López Izquierdo destacou que a Deputación colabora con esta iniciativa cunha achega económica de 40.000 euros, “que son un verdadeiro investimento para a nosa provincia, pois Lugo reunirá durante estes días a centos de expertos nacionais e internacionais, xuntando a un numeroso público e converténdose na capital española agroecolóxica por excelencia”.
A Deputada adiantou que con este investimento, o organismo provincial organizará, ademais, NaturaLugo, unha feira de produtos ecolóxicos, na que se está a traballar, e que se celebrará coincidindo co Congreso da SEAE, aproveitando o numeroso público.
Toda a información sobre datas, horarios e prezos desta iniciativa en www.deputacionlugo.gal ou www.agroecologia.net.
Programación
Martes, 20 de setembro
Celebraranse obradoiros, previos ao congreso, que versarán sobre os seguintes temas. O prezo de inscrición varía entre 30 e 80 euros.
1. Silvopastoralismo y recolección silvestre
2. Elaboración de produtos lácteos
3. Sistemas Participativos de Garantía
4. Bosques, acuicultura e agricultura de ribeira
5. Dinamización Agroecolóxica Local
6. Madeira estrutural e FSC
7. Rede Aprendizaxe “Verde”
XII Congreso SEAE
Mércores, 21 de setembro
09:00 horas.- Apertura mesa de inscrición
09:15 horas.- Sesión de traballo Agroecoloxía en Europa: Mito ou realidade
12:00 horas.- Inauguración oficial do Congreso
12:30 horas.- Conferencia Leguminosas e Agroecoloxía. M Sánchez (UNCP-CO)
13:15 horas.- Conferencia Agroecoloxía y produción de alimentos. S Bellon (INRA FR)
14:00 horas.- Comida ecolóxica
15:30 horas.- Apertura sesión de pósters
16:00 horas.- Conferencia Silvopastoralismo e Agroecoloxía. JL Glez Rebollar (EEZ-CSIC)
16:45 horas.- Sesión de traballo Comunicacións paralelas (1,2,3)
18:15 horas.- Descanso
18:30 horas.- Mesa Redonda Políticas agroecolóxicas e agroforestais
20:30 horas.- Recepción no Concello de Lugo
21:30 horas.- Ruta de la Tapa
Xoves, 22 de setembro
09:00 horas.- Conferencia Cambio climático e AE
09:45 horas.- Sesión de traballo Comunicacións paralelas (4,5,6)
11:45 horas.- Descanso
12:00 horas.- Sesión de traballo Comunicacións /paneis
12:00 horas.- Ponencia Canles curtos, economía circular e reciclaxe
14:00 horas.- Comida ecolóxica
15:30 horas.- Apertura Feira NaturaLugo
16:00 horas.- Conferencia Soberanía Alimentaria e Agroecoloxía. R Binimelis (UVic)
16:45 horas.- Mesa Redonda Novo Regulamento: ¿máis sostibilidade?
18:00 horas.- Descanso
18:15 horas.- Ponencia Agroecoloxía e AE galega
18:45 horas.- Asemblea Xeral Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica
21:00 horas.- Cea de Gala SEAE e entrega da III Edición dos Premios Eco-eLabora
Venres, 23 de setembro
09:00 horas.- Conferencia Calidade agroalimentaria ecolóxica. MD Raigón (UPV)
09:45 horas.- Sesión de Traballo Comunicaciones paralelas (7,8,9)
09:45 horas.- Ponencia Biodiversidade y sementes
11:45 horas.- Descanso
12:00 horas.- Innovación agroecolóxica en Agricultura Ecolóxica
12:00 horas.- Encontro con estudantes de Agroecoloxía
13:30 horas.- Conclusións finais
14:00 horas.- Comida
15h:30 horas.- Visitas a fincas
Inscricións
Os interesados en participar neste XII Congreso deberán cubrir o formulario que se atopa na web www.deputacionlugo.gal ou no seguinte enlace: http://www.agroecologia.net/inscripcion-congreso-lugo16/. Os inscritos recibirán un e-mail de confirmación, no que se indicará o número de conta no que facer o ingreso.
Os prezos son os seguintes:
| Tipo | Ata o 20 de setembro | Despois do 20 de setembro |
| Inscricións xerais | 95€ | 120€ |
| Agricultores, estudantes | 80€ | 95€ |
| Socios SEAE | 70€ | 85€ |
No prezo, inclúense documentación, certificado de asistencia, caderno de resumos e impresos, actas dixitais e o acceso virtual ás presentacións.
Tamén hai programadas comidas ecolóxicas colectivas. (Prezos orientativos)
| Concepto | Ata o 16 de setembro | Despois do 16 de setembro |
| 3 Comidas | 39€ | 44€ |
| 2 Comidas | 26€ | 31€ |
| 1 Comida | 15€ | 20€ |
| Cena SEAE | 20€ | 30€ |
III Premios Ecolabora
A Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica/Agroecoloxía (SEAE), no seu vinte aniversario, convoca a terceira edición dos Premios Ecolabora á xeración, xestión e difusión do coñecemento e a innovación en agroecoloxía e produción ecolóxica. A través destes premios, recoñecese a aquelas persoas ou entidades (elaboradores, agricultores, comerciais, promotores de consumo, técnicos asesores, investigadores e autoridades competentes), que contribúen ao desenvolvemento do modelo agroecolóxico e de xestión dos agrosistemas
Deben ser traballos relacionados co eido da Agroecoloxía e a produción agraria ecolóxica, que non fosen nin publicados nin se atopen en proceso de revisión noutro certame e/ou publicación. Admitiranse os traballos incluíndo criterios de orixinalidade, claridade e a contribución temática.
Os premios aos que se pode optar son:
– Premio á xeración de coñecemento/innovación agroecolóxica e produción ecolóxica, co obxectivo de recoñecer o esforzo e a labor de persoas, empresas ou entidades de España en activo, na xeración de coñecemento da agroecoloxía, a produción ecolóxica e o desenrolo rural sostible.
– Premio á transferencia/divulgación do coñecemento/innovación en produción ecolóxica, co que se premia o labor e persoas, empresas ou entidades en activo que contribuíran de forma notoria á difusión, transferencia ou divulgación do coñecemento ou a innovación na produción ecolóxica.
– Premio á industria/elaboración ecolóxica, destinado a e premiar a labor de persoas, empresas ou entidades que contribuíran de forma notoria á xeración e difusión do coñecemento ou innovación na industria/elaboración ecolóxica
– Premio á restauración ecolóxica, para premiar a labor de persoas, empresas ou entidades que contribuíran de forma notoria á xeración e difusión do coñecemento ou innovación na restauración ecolóxica.
– Premio “eco-elabora” o consumo ecolóxico destinado a persoas, empresas ou entidades que contribuíran de forma notoria á xeración e difusión do coñecemento ou innovación no consumo ecolóxico.
Os traballos deberán ir acompañados dun resumo dun texto de máximo 250 palabras, a tamaño 11 Arial e interlineado 1. Deberán tamén elixir entre 3 e 5 palabras clave para definir o seu traballo. Ademais, deberán elixir un titulo, que debera ir en maiúsculas, e acompañalo do nome e primeiro apelido do autor/autores, centro de traballo, dirección postal e e-mail. Este documento tamén se pode atopar na web www.deputacionlugo.gal, no espazo adicado ao XII Congreso de SEAE.
Logo de ser aceptado, deberase reenviar o traballo completo seguindo as indicacións do documento “Modelo completo”, que se atopa tamén na páxina da Deputación de Lugo. As mellores comunicacións serán publicadas tamén na revista Agroecología de SEAE.
Por outra banda, os carteis aceptados polo comité científico serán expostos en espazos habilitados durante el Congreso. O mellor cartel recibirá o Premio “Álvaro Altés”.
Aceptaranse traballos en castelán, así como en calquera das linguas oficiais do estado. Ademais, tamén se permitirá presentar traballos en portugués.
O calendario de presentación dos traballos é o seguinte:
|
Prazos límite das comunicacións |
|
| Recepción resumos das comunicacións | 24 xullo |
| Notificación de aceptación do resumen | 16 agosto |
| Entrega traballos versión definitiva | 5 setembro |
| Aceptación traballo completo | 10 setembro |
| Recepción traballo definitiva | 11 setembro |






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



