Bruxelas, 13 Xullo 2016. Durante este martes e mércores tivo lugar no Parlamento Europeo a comparecencia da ministra eslovaca de Agricultura e Desenvolvemento Rural en calidade de presidenta do Consello de Agricultura e Pesca, ao respecto das prioridades das Presidencia eslovaca do Consello da UE para este semestre.
Como coordenadora para o Grupo da Esquerda Verde Nórdica-Esquerda Unitaria Europea (GUE/NGL) na Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo, e suplente na Comisión de Pesca, a eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, tivo a posibilidade de trasladar as súas consideracións directamente á ministra Gabriela Matečná.
Necesidade de revisar os criterios do reparto de cotas pesqueiras
En relación ao sector pesqueiro, a eurodeputada de AGEe reiterou á ministra Matečná que o reparto de asignacións de cotas aos Estados en base ao principio de estabilidade relativa “supón unha inxustiza moi forte con países como o meu, Galiza, que é a maior zona pesqueira da Unión Europea”, polo que debe ser revisado urxentemente.
Unha das principais liñas de traballo que Alternativa Galega de Esquerda está a desenvolver dende a súa participación no Parlamento Europeo en relación ao sector pesqueiro é precisamente a procura do establecemento de criterios que garantan un reparto xusto dos totais admisíbeis de capturas (TAC’s) e cotas pesqueiras para Galiza, rexistrando varias preguntas parlamentarias e levando adiante tamén iniciativas sectoriais no país.
Senra denunciou que actualmente a UE non está a garantir que no reparto que os Estados realizan das cotas se estean a respectar os criterios especificados no Artigo 17 da Política Pesqueira Común (PPC), interpelándoa directamente para coñecer se “durante o seu mandato vai haber posibilidade de que se abran estes debates”, algo totalmente necesario xa que, como especificou “penso que nesta Comisión de Pesca todo o mundo sabe que na Galiza está a haber fortes mobilizacións relacionadas con esta cuestión”. Aliás, Senra expresou a súa preocupación pola consecuente perda de postos de traballo no sector debido a esta situación.
Por último, en relación ao sector pesqueiro a eurodeputada galega inquiriu á Ministra ao respecto do impacto medioambiental que o desenvolvemento do plan de espolio multidimensional dos mares e océanos, impulsado pola Comisión Europea durante esta lexislatura baixo a denominación “crecemento azul”, vai ter sobre os recursos pesqueiros e de marisqueo. “Estou falando por exemplo da minaría submarina, a acuicultura industrial ou a construción de grandes infraestruturas amparadas por esta planificación de explotación de recursos”, especificou.
Reiteramos a demanda de control público da produción agraria
Durante o transcurso da comparecencia da ministra eslovaca de agricultura mantida esta mañá na Comisión de Agricultura, Senra esixiu que durante este mandato semestral sexan tomadas todas as medidas necesarias para “por fin á política de ‘deixar facer’ aos mercados”. Así, esixiu contundencia por parte da Unión Europea diante da volatilidade de prezos ea desregulamentación á que se está a ver sometida a produción de alimentos na UE.
“Precisamos regulación das producións, garantía de prezos xustos para as produtoras e produtores e modelos de produción sustentábeis dentro dunha política agroalimentaria pública”, reiterou unha vez máis a eurodeputada Lídia Senra.
Un dos obxectivos principais desta Presidencia, concretou, ten que ser precisamente “iniciar o debate de cara a avanzar nunha política pública que estableza mecanismos de regulación da produción para todos os sectores, primando a sostenibilidade e garantindo remuneracións xustas”.
Ao fío desta demanda, Senra alentou a Gabriela Matečná a que na reunión que o Consello de Agricultura e Pesca vai manter o vindeiro luns 18 [ORDE DO DÍA], e no que novamente van ser expostas as prioridades da Presidencia semestral eslovaca, “asuman dunha vez por todas que a liberalización do sector leiteiro está a ser un completo fracaso con gravísimas consecuencias para as gandeiras e gandeiros europeos, e que a solución pasa novamente por contaramos cunha política leitera pública forte e estábel”.
Por último, afondando no nivel global das relacións comerciais da UE, a deputada galega pediu directamente á Ministra que adopte unha posición contraria á ratificación do CETA -acordo de libre comercio entre a UE e Candá-, “porque ademais de ser fondamente antidemocrático, e tremendamente perxudicial para a agricultura europea”. Baixo este mesmo argumento Senra solicitou tamén á Presidendica eslovaca a paralización das negociacións do TTIP -tratado de liberación comercial entre EEUU e a UE-.


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



