Instalouse no inconsciente (de inconsciencia) colectivo que hai que ser responsables e permitir un goberno presidido por Mariano Rajoy sen pedir nada a cambio, nin o máis mínimo xesto como a saída do seu polémico ministro de Interior, Jorge Fernández Díaz, ou corrección de rumbo nos casos de corrupción. Esta é a tese do PP, que repiten medios, xornalistas e algúns políticos que non son do PP. Ata se publican enquisas que logran que a cidadanía estea no mesmo rolo que os editorialistas. Resulta incrible a falta de calidade democrática nos que teñen que vixiar a calidade da democracia.
Ninguén vai falar da responsabilidade de Rajoy nesta fase? Como indiscutible gañador das eleccións do 26-X ten unha e moi clara: negociar cos demais grupos para lograr a investidura e formar goberno. Despois verase: un Goberno en minoría que terá que negociar cada coma. Veremos si a Mesa do Congreso representa esta situación inédita en 40 anos de democracia.
A responsabilidade do presidente en funcións obriga a ofertar, contraofertar, ceder, acordar. Para logralo é necesario traballar, convencer, atraer. Ou o responsable é regalar os votos do resto dos cidadáns sen demandar ao PP un mínimo de decencia política? Temos que tragar coa corrupción duns os que votamos contra a corrupción?
A cantilena é sinxela: todo é para evitar unhas terceiras eleccións, que Rajoy e os gurús do PP creen que lles virían ben. Para evitalas temos que baixarnos os pantalóns para que todo siga igual en ara da responsabilidade. É responsable acatar a irresponsabilidad?
Alguén debería ser responsable de verdade neste país e poñer límites ao mal goberno, ao saqueo da caixa da Seguridade Social, a contrátas amañadas, ás contas en Suiza ou Panamá, ás amnistías fiscais, ás leis mordaza, á educación ao servizo dunha igrexa que é parte e non todo. Ser responsable é non ter xuíces na Audiencia Nacional ao servizo dun partido a conta dos petos de todos. Ser responsable é esixir mellor democracia.
Como en decembro, o que non fai, Rajoy, parece que fai e os que fan parecen uns irresponsables radicais que non fan. Este estado de opinión interesado di moi pouco dos demais partidos, que se deixan roubar a mensaxe.
A próxima semana cúmprense 80 anos do golpe de Estado franquista, do inicio da Guerra Civil. Ademais da Fundación Francisco Franco alguén vai facer algo, unha lápida conmemorativa, unha música, un algo? Ás veces creo que volveron. Alguen corríxeme: Non volveron, son os mesmos que xamais se foron.
Oterto Regal



















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



