Foz, 19 de xullo de 2016. Os nacionalistas demandan unha condena do golpe franquista no seu 80 aniversario.
O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego vai rexistrar unha moción no Concello de Foz na que solicitan unha condena ao golpe de estado de 1936 e á ditadura franquista, iniciando ao mesmo tempo proceso de rehabilitación social e institucional das nosas veciñas e veciños vítimas da ditadura. Na mesma proposta esixen no último semestre de 2016 un recoñecemento e homenaxe a todas aquelas focegas e focegos que foron represariados, e cuxos nomes se anexan a dita petición, a consecuencia das ideas que defendían a raíz do golpe de estado de 1936.
As concelleiras nacionalistas Lorena Seivane e Teresa Rego lembran na súa moción que “o proceso represivo iniciado fai 80 anos golpeou a un bo número dos nosos veciños. Falamos de mestres apartados da súa escola como Xulio Cadahía de Santa Cilia ou Alfredo López de Ribela, carteiros como Benito Tarrón de Santo Acisclo ou Valentín Eijo de Fazouro, comerciantes e empresarios como Antonio Martínez Castiñeira ou Francisco Fernández López ou labregos como Leonardo Uría ou Manuel Campo. Lembramos aos confinados en campos de concentración como Ramiro Fernández Dorrego, Amalio Rodríguez ou Ramón Couto, aos dirixentes políticos e sociais como Ramón García, Xosé Paz ou Manuel Camba que rematou os seus días no exilio brasileiro. Facemos mención dos membros da corporación municipal como os concelleiros Xosé Antonio Fernández, Benigno Beltrán ou os Alcaldes Francisco Fuentes Riego ou Xosé Mel Pérez e así podíamos seguir con ramón López Leitón, Ramón Martínez Villarino ou Francisco Seixas. Unha referencia especial merecen as nosas conveciñas vítimas do franquismo como a pedagoga Cristina Pol ou Esther Xil, veciña de Cangas exiliada na Unión Soviética”.
A proposta presentada polas nacionalistas, coincidindo co 80 aniversario do golpe de estado franquista, indica que “o Concello de Foz non escapou a esta dinámica represiva, iniciándose un proceso de persecución contra daquelas persoas, asociacións ou institucións que se tiñan caracterizado polo seu compromiso democrático. Xa que logo, non hai esfera da vida social que fique á marxe desta dinámica, a comezar pola corporación municipal e o goberno que son destituídos do seu cargo o 24 de Xullo de 1936, a seguir pola Sociedade de Socorros Mutuos ou a Confraría de Pescadores, cuxas directivas son cesadas e algúns dos seus responsábeis desterrados de Galiza, chegando mesmo a Sociedade Deportiva Focega, que ve como a súa equipación é modificada por coincidir coa do Atletic de Bilbao. Outro tanto acontece coas seccións locais dos partidos políticos de Unión Republicana, Izquierda Republicana e Partido Socialista Obrero Español que son ilegalizadas e nalgún caso o seu local asaltado, as organizacións sindicais, nomedamente a UXT, cuxa actividade é clausurada así como diversas organizacións agrarias en Santa Cilia, Vilaronte ou Santo Acisclo”.
Lorena Seivane García.


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



