Cervo, 19 de xullo de 2016. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a concelleira de Cultura, Dolores García, presentaron este martes ao secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, o proxecto de rehabilitación das caballerizas das antigas fábricas de Sargadelos para convertelas nun centro de artesanía.
O rexedor cervense indicou que “hoxe achegámonos ata Sargadelos, ata o conxunto histórico artístico, que foi visitado polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, que ao mesmo tempo tamén é o presidente do Padroado de Sargadelos. Presentámoslle un proxecto que temos pensado realizar nese lugar, do que falamos hai varios meses e que agora xa está rematado e definido. Trátase da adecuación das caballerizas das antigas fábricas de Sargadelos para un centro artesanal. Esa é a nosa idea: converter Sargadelos nun centro vivo onde todos os días do ano poida haber alí unhas persoas facendo artesanía de calquera tipo para darlle vida a ese conxunto histórico artístico”.
Alfonso Villares subliñou que “é un conxunto histórico artístico que de por si ten historia, que xa hai motivos suficientes para visitalo en calquera época do ano, pero queremos que teña ese calor que lle dá que haxa unha serie de persoas alí traballando e facendo artesanía, algo co que podemos identificar sen dúbida ningunha o nome de Sargadelos”.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



